Un novo cangrexo invasor nas rías galegas

O grupo Ecología Azul mostra o exemplar de cangrexo azul Callinectes sapidus, atopado na ría de Vigo. Trátase do primeiro rexistro desta especie en augas galegas. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 18/01/2016 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

O pasado mes de novembro foi achada unha nova especie de cangrexo exótico en augas galegas, en concreto, na ría de Vigo. Trátase dun exemplar de cangrexo azul Callinectes sapidus (Portunidae), de 300 gramos de peso, capturado na praia de Canabal pola tripulación do barco 'O Vilela', pertencente á confraría de Pescadores San Xosé de Cangas do Morrazo.

Exemplar de cangrexo azul atopado na ría de Vigo
Exemplar de cangrexo azul atopado na ría de Vigo | Fonte: Ecología Azul.

O grupo Ecología Azul fixo públicas as imaxes deste exemplar, pertencente a unha especie exótica invasora orixinaria do Atlántico occidental, que se atopa desde Canadá até Arxentina, e introducido por vez primera en Europa en 1900, en Francia. O propio grupo científico sinala que se trata do primeiro rexistro de cangrexo azul Callinectes sapidus en Galicia. A súa identificación foi posible grazas á bióloga Berta Barreiro, técnica da confraría de pescadores de Cangas.

Segundo explican os propios científicos no seu blog, esta especie súmase a outros tres cangrexos exóticos capturados recentemente na ría de Arousa: o Panopaeus africanus, o Pilumnopeus africanus e o Pachygrapsus gracilis. "O número de especies exóticas mariñas en Galicia incrementouse notablemente nos últimos ano co conseguinte perigo para o ecosistema e as especies nativas", salientan.

O grupo deu a coñecer este vídeo tomado nada más chegar ás instalacións da lonxa de Cangas:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 eusi

Pois facemoslle unha festa gastronómica e convidamos tamén aos do Bnjajaja que agora súmanse a todas, mesmo ás confluencias que tanto denostaron, pero saiulle o conto furado!

1 Pepópterus Funk

Eu creo que hai que convidar tamén todos/as as/os chonis para formar unha gran marea e superar o PP. ademais así podíamos derrapar todos con bons coches que nos vai proporcionar podemos (en lugar do salario universal que é totalmente inxusto). As chonis íannos aplaudir moito e ao mellor incluso pillábamos cacho. As chonis, por outra parte, son moi guapas (o de listas dá igual) e ademais depílanse porque as da marea son bastante peludas. Canto máis fume e máis derrapas máis posibilidades tes de pillar cacho. Así incluso eu apuntaríame á marea...

2 eusi

A tua imaxinación comentando é desbordante. Continua así até facerte tan tedioso como o teu partido

1 Gaitas do Nalón

Este igual pode comerse. Porque os outros invasores (Podemos, C´s...) son incomestibles e infumables