Un disco de jazz para Castelao

A vocalista e violinista Alice Zawadzki e o pianista Dan Whieldon estréanse como dúo cun disco no que inclúen a canción 'Lela', do escritor galego, que tamén dá título a este traballo.

Por GC Tendencias | Santiago | 20/01/2016 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

A vocalista e violinista Alice Zawadzki decidiu dárlle o título de Lela ao seu novo traballo discográfico, tomado da canción do escritor, debuxante e intelectual galego Castelao, que Zawadzki tamén inclúe entre os dez temas que compoñen este disco, gravado con Odradek Records.

Portada de 'Lela, de Alice Zawadzki e Dan Whieldon.
Portada de 'Lela, de Alice Zawadzki e Dan Whieldon.

Canda o pianista británico Dan Whieldon, Alice Zawadzki interpreta cancións de ilustres como Wayne Shorter, John Coltrane e Nina Simone, Handel ou do propio escritor galego Castelao, entre outros.Trátase, como explica a propia artista polaca, residente en Londres, dunha homenaxe ás raíces musicais tanto dela como de Whieldon, nun disco no que impera o jazz pero tamén hai lugar para o lirismo clásico e música popular continental, e no que tamén ten unha importante presenza a clarinetista viguesa Rosa Campos Fernández, esposa de Whieldon, quen inspirou a este para incluír o tema de Castelao.

Lela é unha canción emblemática da música galega que formou parte da obra de teatro de Castelao Os vellos non deben namorarse. A súa letra é:

Están as nubes chorando

Por un amor que morreu
Están as ruas molladas
De tanto como chovéu

Lela, Lela
Lelina por quen eu morro
Quero mirarme
Nas meninas dos teus ollos

Non me deixes
E ten compasión de min
Sen ti non podo
Sen ti non podo vtvir

Dame alento das tuas palabras
Dame celme do teu corazón
Dame lume das tuas miradas
Dame vida co teu dulce amor

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo

menudo churro de letra.

1 Un de Vilalba

Lela é una peza composta polo músico vilalbés Rosendo Mato Hermida, con letra de Castelao. Que quede claro.