Temas: VIGO LISBOA AVIóN

Vigo e Lisboa, conectadas por avión

A aerolínea lusa TAP inaugura en xullo unha ruta entre estas dúas cidades con tarifas iniciais de menos de 100 euros ida e volta.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 22/01/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Vigo e Lisboa estarán a menos dunha hora de viaxe en avión e con tarifas inciais de menos de 100 euros ida e volta grazas a unha nova ruta que acaba de anunciar a aerolínea portuguesa TAP e que estará operativa en xullo.

Un avión da TAP
Un avión da TAP | Fonte: tap.pt

Nun comunicado, a aerolínea explicou que ofrecerá dous voos diarios entre Lisboa e Vigo, a uns 500 quilómetros de distancia. Para celebrar o lanzamento desta ruta, TAP conta cunha campaña especial con tarifas de 55 euros por traxecto ou 99 para os billetes de ida e volta.

Vigo será a novena cidade española na que opere a TAP, que xa voa a Madrid, Barcelona, Sevilla, Málaga, Bilbao, Valencia, Oviedo e A Coruña. A aerolínea sinalou que neste 2016 alcanzará até 168 voos semanais entre Lisboa e o nove cidades españolas nas que opera, un 16% máis que até agora.

Temas: VIGO LISBOA AVIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 BeneB

Isto si é unha boa nova, eu persoalmente estou canso de ir ata Porto para facer o enlace Porto - Lisboa, Lisboa - Porto. Podendo ir dende Vigo aforro toda a viaxe a Porto, peaxe e estacionamento. Só que os de Porto non son parvos, e os vos Porto - Lisboa son aínda máis baratos que 50 €.