60 anos máis de ENCE na Ría de Pontevedra

O Estado concede a prórroga á celulosa, que promete máis de 60 millóns de investimento en melloras ambientais e de produtividade.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 25/01/2016 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente outorgou a Ence - Enerxía e Celulosa a prórroga da concesión de ocupación dos terreos nos que se sitúa o seu centro de operacións de Pontevedra. A prórroga concédese por 60 anos, cun prazo adicional por encima dos 50 anos.

Instalacións de ENCE na beira da Ría de Pontevedra, en Lourizán
Instalacións de ENCE na beira da Ría de Pontevedra, en Lourizán | Fonte: ence.es

Promesas de investimento
Segundo ENCE, o Estado xustifica a decisión polo “forte compromiso de Ence en Pontevedra cun investimento de 61 millóns de euros”.  Así, o ENCE prometeu gastar 30,2 millóns na mellora da eficiencia da fábrica, o que “permitirá un crecemento en celulosa e enerxía renovable”. Ademais, a empresa díxolle a Administración que investirá 15 millóns na instalación dun novo ciclo da auga, que faría posible recuperar gran parte da auga do proceso e minimizar o volume do efluente.

A compañía promete tamén “melloras ambientais”, concretamente na eliminación de cheiros, de ruídos e de vapores, así como para “garantir a fiabilidade ambiental máis aló das súas obrigacións legais” e mellorar a integración paisaxística.

División de opinións en Pontevedra
A presencia da fábrica de celulosa na Ría é un aspecto moi polémico na comarca, onde existe hai décadas un activo tecido social contrario á industria. Un dos colectivos máis críticos, Salvemos Pontevedra, mantén aberto un preito no que reclama que o Estado abra e execute o expediente para facer caducar a concesión na costa, agora prorrogada.

O asunto tamén é moi relevante a nivel político, pois o PP prometeu a nivel galego que buscaría outra situación para a fábrica cerca de Pontevedra, mentres os conservadores e varios sidnicatos a nivel local sempre estiveron a prol da súa permanencia na praia de Placeres. Polo contrario, os partidos de esquerda levan anos apoiando as mobilizacións de colectivos como a Asociación en Defensa da Ría contra a celulosa. Este asociación argumenta que se ceden "terreos de titularidade pública a unha empresa privada que, ademáis, incumpre a legalidade".

"Ence non vai a defraudar a Pontevedra e a súa bisbarra, e comprométese a traballar coa máxima responsabilidade e co maior rigor para seguir xerando riqueza e emprego, así coma para contribuír á  calidade de vida dos ciudadáns de Pontevedra, coa esperanza de facerse acreedora de apoio á súa actividade e permanencia por parte de todos os pontevedreses e pontevedresas", remata o comunicado publicado hai uns minutos.

A decisión chega cun goberno en funcións, que en teoría só pode abordar asuntos de trámite. No Consello de Administración de ENCE participan varios ex-altos cargos de administracións dirixidas polo PP, como Isabel Tocino, ex-ministra de Medio Ambiente, e Carlos de Álamo, ex-conselleiro tamén de Medio Ambiente na era Fraga.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

13 balbino

Luis Rei da Marea Pontevedra xa pode ir a celebralo co seu grande amigo e socio na oposición Jacobo Moreira do PP, que ledos se lles ve de cafés e cervexas xuntos por Pontevedra, unha auténtica cidade feita para as persoas polo Upegallo Lores o único que realmente loita contra ENCE ainda que lle reste votos pola impopularidade da díficil decisión de retirar unha fábrica con semejante impacto en Pontevedra e todo Galicia a cambio de 300 postos de traballo directo. En Pontevedra acabaremos contando billetes aguantando a respiración.

1 Valdoviño

Que vaia inaugurar outro tren P

2 Mira

Balbino, como traballarás? nun local da CIG, seguro que non pudeches asistir ao pleno do Concello de Pontevedra, onde traballadores de Ence e Elnosa, e os seus familiares, abuchearon e insultaron gravemente, ao voceiro de Marea Pontevedra Luís Rei, por mostrar á súa clara oposición ao complexo industrial instalado por Franco nas marismas e praias de Lourizán. Ti seica prefires a errática política de CIG de Celulosas ao longo da historia recente. A que aprobaba un dirixente da UPG local como Rafael Iglesias.

12 Pailarocus

La palabra de Feijóo (ahí esta la hemeroteca) vale lo que el humo de Ence. Espero que el nuevo Gobierno anule esta decisión de Rajoy en funciones. Una verguenza para siempre. Nos toman el pelo con 300 puestos de trabajo que solo se iban a trasladar y que el PP puede enchufar en cualquier chiringuito. Cuántas viviendas sociales se pueden construir en esa parcela?.Animo a Podemos a levantar la bandera de la decencia. Ence a Madrid que es donde paga los impuestos

11 galegoexiliado

Galicia hipotecada de por vida. ¡¡¡Outra mayoría po partido franquista!!!

10 Cig pont.

A polo comité de novo, quitemos a careta.

9 ollos

Os compromisos sélanse en documentos asinados por ambas partes. Temos os derradeiros 60 anos ata hoxe de historia de promesas e promesas, todo moi antigo o do prometo, todas incompletas ou non encetadas...e xa van mentiras sobre mentiras en tamanho período de tempo !!! É moi de resaltar, e no cabeceiro non consta ata párrafo final, a premeditación e alevosía gubernamentais e pepeiras, para tramitar algo de tan grande alcance cando XA se está SÓ en funcións...(é ben indicativo, non?!!). Tendo en conta que os políticos do Réxime van de doble porta para un retirinho tan merecido nas empresas que favorecen desde a responsabilidade de goberno, e sabendo os membros do partido pepeiro que xa se adxudicaron un postinho na ENCE, só poddemos pensar en que os "feixóns" actuais buscaron acubillo directo ou a cambio nas empresas gubernamentalmente protexidas. Non é?