Marexada entre o quintanismo

Non gustou nada a proposta de lista feita pola Executiva entre boa parte dos quintanistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/12/2008 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

Na Coruña, finalmente, irá de número dous Ana Belén Pontón; a quen moi poucos quintanistas consideran unha muller de peso para acompañar a Quintana nesta candidatura. E en Pontevedra, e a pesar de que se anunciaba a súa retirada, segue Bieto Lobeira. Ademáis non vai en postos de saída Roberto Mera, quen ao ter que competir con Quico Paz na mesma comarca, quedou por detrás deste e moi lonxe de postos de saída.

"A ver como xustifica agora Quintana iso da renovación", apunta unha fonte consultada en referencia Lobeira, que en marzo cumprirá 13 anos na Cámara galega. "Na lexislatura pasada, moitos que levaban oito pasaron a outra vida". "A ver como se xustifica o de Ánxela por Ana Belén Pontón", indica outro quintanista. "Está claro que Quin deixou facer á U para que logo non lle toquen o goberno", apunta un terceiro.´E é que, ao parecer, se o BNG volta ao goberno, será Quintana quen teña máis poder de decisión para configurar o executivo, especialmente, a titularidade dalgunha nova consellería.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 102 comentarios

97 manza

dende logo...desunidos con psoe na xunta e tamen no seu propio seno...patetico!

96 lousada

estes do bng, en catro aniños de nada, acabarán por deixar aos de pp en meros aprendices do enchufismo

95 anónimo

as castrilladas do consorcio
http://galiciaconfidencial.com/?p=2...

94 Esmendréllome

Tranquilo, Lóstegro, non te alporices. Se digo o da carteira é porque non quero que me vendan motos avariadas facéndoas pasar por novas. 8) 8) 8) 8)

93 anónimo

aposta pola sanidade e educación públicas de calidade... POR ISO LLE ENCARGAN A UN CONSORCIO (DIRIXIDO POR ESE PARÁSITO DE PEREZ CASTRILLO QUE NON DEU PAU A AUGA NA VIDA) A SELECCION CUNHA ENTREVISTA PERSONAL COMO ULTIMA PROBA, PUBLICO E DE CALIDADE, CLARO.