Dous feridos en accidentes en Dumbría e Malpica

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2024 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas en senllos accidentes de tráfico rexistrados este luns nos municipios coruñeses de Dumbría e Malpica de Bergantiños, segundo informou o Consorcio Provincial contra Incendios e de Salvamento da Coruña, e o CIAE 112 Galicia.

O primeiro dos sinistros, unha colisión entre dous vehículos, tivo lugar sobre as 8,00 horas no punto quilométrico 85 da AC-552, ao seu paso pola zona de Salgueiros en Dumbría. Segundo o Consorcio resultaron feridas dúas persoas, aínda que o 112 Galicia matizou que, finalmente, só unha persoa necesitou asistencia sanitaria, por dores provocadas polo cinto de seguridade.

O sinistro obrigou a cortar o tráfico na zona e habilitar un desvío ata a retirada dos coches implicados. Ademais dos bombeiros de Cee, no operativo participaron efectivos de emerxencias sanitarias, Protección Civil, e Garda Civil.

Por outra banda, pasadas as 10,00 horas, rexistrouse outro accidente no municipio de Malpica. Tratouse dunha saída de vía nas Cortes-Cerqueda, e foi o 061 o que avisou a Emerxencias. Neste caso, rexistrouse unha persoa ferida, e ademais dos efectivos sanitarios, participaron na intervención Garda Civil, Policía Local, GES de Ponteceso e Bombeiros de Carballo.

Intervención dunha ambulancia nun accidente
Intervención dunha ambulancia nun accidente | Fonte: CONSORCIO PROVINCIAL BOMBEIROS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta