Besteiro avanza que as emendas do PSdeG aos orzamentos demandarán "máis diñeiro para os concellos"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2024 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou desde o municipio ourensán do Barco "máis diñeiro para os concellos" nos Orzamentos da Xunta. Nese sentido, avanzou que as emendas "en positivo" dos socialistas ás contas de Rueda virarán "moito" ao redor do financiamento local, porque son os municipios "os que teñen que atender as necesidades básicas de todos os veciños e veciñas".

En concreto, sobre a comarca de Valdeorras, Besteiro lamentou os "os notables defectos" que presentan as contas autonómicas para "dar resposta aos problemas da zona". Así, tal e como detallaron os socialistas nunha nota de prensa, o secretario xeral fixo referencia á estrada entre A Rúa e A Gudiña. "Necesita dunha ampliación e, sobre todo, de reafirmado", asegurou.

Con todo, apuntou, a Xunta "non destina fondos suficientes para poder acometer proxectos nesa dirección". A única partida que figura nas contas, destacou, "é compartida con outra estrada no outro extremo da provincia", polo que o PSdeG teme que finalmente "non se execute nin un só euro".

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, atende aos medios de comunicación no Barco de Valdeorras.. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, atende aos medios de comunicación no Barco de Valdeorras.. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta