A Xunta conmemorará a Cervantes e a un dos seus mecenas, que era galego

A maioría do PP no Parlamento aproba homenaxear ao autor do Quijote e dá luz verde a unha petición do BNG para que se homenaxee tamén a Pedro Fernández de Castro y Andrade.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/02/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia aprobou o venres a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a impulsar e acompañar as principais iniciativas culturais que se realicen en Galicia para a conmemoración en 2016 do cuarto centenario do pasamento de Miguel de Cervantes, así como render unha homenaxe ao seu mecenas o VII Conde de Lemos. A deputada Julia Rodríguez salientou que “se trata de facer un recoñecemento de ambas figuras e poñer en valor o importante vínculo que une á un dos autores mais destacados da literatura universal, Miguel de Cervantes, con Galicia”.

VII Conde de Lemos, Pedro Fernandez de Castro
VII Conde de Lemos, Pedro Fernandez de Castro | Fonte: Nicholas Besanzon wikimedia

Julia Rodríguez lembrou que o VII Conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro, “é unha figura notable da historia e a cultura de Monforte, pero que transcende do ámbito local, para  tomar relevancia en toda Galicia, non so polo legado cultural e histórico que deixou senón tamén por ter sido defensor do voto en Cortes de Galicia e por terse comprometido co desenrolo de actividades industriais encamiñadas a beneficiar os galegos da época, como a manufactura téxtil da seda ou a introdución do millo en Galicia”.

“Ademais, o VII Conde de Lemos, actuou como mecenas de importantes escritores do século de ouro, garantindo así a publicación de obras notables daquela época”, sinalou a deputada popular.

Un deses escritores foi Miguel de Cervantes, que dedicou unha boa parte das súas obras, entre elas, a segunda parte do Quixote, ao VII Conde de Lemos, con quen o escritor mantivo unha intensa relación ata os seus derradeiros días de vida.

Ao longo deste ano 2016 conmemóranse os 400 anos da morte de Cervantes. “É esta unha boa ocasión para recoñecer a un persoeiro tan polifacético e destacado da historia e a cultura de Galicia, e, sobre todo, para poñer en valor o importante vínculo que une a un dos escritores mais importantes da literatura universal, Miguel de Cervantes, con Galicia”, manifestou Julia Rodríguez.

O Grupo Popular aceptou, ademais, a emenda do BNG para que a Xunta impulse medidas para o coñecemento da figura do VII Conde de Lemos e a súa influencia na sociedade do seu tempo, así como a importancia dos cargos que desempeñou e a súa relación coa cultura e coa Historia de Galicia.

Son múltiples as cartas, poemas, dedicatorias e outros testemuños que nos revelan o grao de aprecio da elite intelectual polo conde galego, e a través delas coñecemos que unha forte e sincera amizade, que transcendía a pura relación mecenas-artista, uníalle a, entre outros, Cervantes ou a Lope de Vega.

 

Así, o último escrito de Miguel de Cervantes, e asinado catro días antes de morrer, foi unha epístola ao conde, nos seguintes termos:

 

Aquellas coñas antiguas que fueron en su tiempo celebradas, que comienzan: "Puesto ya el pie en el estribo", quisiera yo no vinieran tan a pelo en esta mi epístola, porque casi con las mismas palabras las puedo comenzar diciendo:

 

Puesto ya el pie en el estribo,

con las ansias de la muerte,

gran señor, ésta te escribo.

 

Ayer me dieron la extremaunción, y hoy escribo ésta. El tiempo es breve, las ansias crecen, las esperanzas menguan, y, con todo esto, llevo la vida sobre el deseo que tengo de vivir y quisiera yo ponerle coto hasta besar los pies de Vuestra Excelencia, que podría ser fuese tanto el contento de ver a Vuestra Excelencia bueno en España, que me volviese a dar la vida. Pero, si está decretado que la haya de perder, cúmplase la voluntad de los cielos y, por lo menos, sepa que quiso pasar aún más allá de la muerte, mostrando su intención. Con todo esto, como en profecía, me alegro de la llegada de V. E.; regocíjome de verle señalar con el dedo y realégrome de que salieron verdaderas mis esperanzas dilatadas en la fama de las bondades de V. E. Todavía me quedan en el alma ciertas reliquias y asomos de las Semanas del Jardín y del famoso Bernardo. Si a dicha, por buena ventura mía (que ya no sería sino milagro), me diere el cielo vida, las verá, y, con ellas, el fin de la Galatea, de quien sé está aficionado V. E., y con estas obras continuado mi deseo; guarde Dios a V. E. como puede. De Madrid a diez y nueve de Abril de mil y seiscientos y diez y seis años.

 

Criado de vuestra Excelencia,

Miguel de Cervantes

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 arzuacapital

sucursalismo españolista, máis unha