Temas: BNG UPG

Abrente pide a refundación do BNG e a confluencia con En Marea

O grupo de Aymerich presenta unha Enmenda de Totalidade do Relatorio aprobado polo Consello Nacional do Bloque na que pide que se supriman os partidos que o integran e que se designe unha xestora provisional para refundar a organización e acadar unha alianza electoral.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 08/02/2016 | Actualizada ás 21:12

Comparte esta noticia

O BNG atravesa unha "situación de emerxencia". Unha situación que merece un cambio radical da formación frontista. Este é o punto de partida dunha Enmenda á Totalidade do Relatorio que o Consello Nacional do BNG aprobou para a súa discusión na Asemblea Nacional que se celebrará a finais deste mes. Unha enmenda contundente impulsada polo colectivo Abrente que pide abertamente unha refundación da organización e unha confluencia electoral con En Marea.

Aymerich valora os resultados das pasadas eleccións galegas
Aymerich valora os resultados das pasadas eleccións galegas

Neste documento, ao que tivo acceso GC, Abrente lembra que se o BNG repite os resultados das pasadas xerais ( o 4,3% dos votos), quedará sen representación na Cámara galega. Uns resultados polos que, lembra, a actual dirección nin dimitiu, nin fixo autocrítica. "Mais isto non é o máis grave: O realmente preocupante é que a dirección do BNG semella incapaz de oferecer unha análise política minimamente seria ou, cando menos, de dar algunha explicación que non sexa botar a culpa aos votantes, a outras forzas políticas ou a un sistema mediático pouco afín ao nacionalismo", apunta.

Por iso, Abrente propón que esta AN se celebre como extraordinaria, de forma que non se escolla portavoz nacional e que, en vez de Executiva e de Consello Nacional, se designe unha xestora provisoria que teña como obxectivo acadar dúas encomendas. A primeira, no plano electoral, "iniciando de imediato" as xestións conducentes á confluencia electoral con En Marea e a constitución dunha candidatura unitaria de esquerdas e nacionalista para as próximas eleccións galegas.

A segunda, no plano político-estratéxico, dando os primeiros pasos para a refundación do nacionalismo de esquerda en Galicia e, polo tanto, non recoñecer aos colectivos e partidos no seo do BNG e superar a estrutura frentista "que asume como natural a existencia de partidos-guía ou de vangardas organizadas", en alusión á UPG, o gran partido que hoxe domina o Bloque.

O grupo que lidera Aymerich considera "urxente" esa confluencia electoral para "expulsar do goberno ao PP". "Sabemos que hai contradicións entre os diferentes proxectos presentes no seo de En Marea. A principal: a que existe entre un proxecto centrado no país, representado por Anova e a maioría das “mareas” municipais, e outro deseñado en clave española", apunta.

Público nun acto de Abrente
Público nun acto de Abrente

Sen embargo, tamén lembra que distintos grupos --incluídos algúns que están en En Marea-- foron quen de conviver no seo do BNG durante 34 anos. "E non seremos quen de acordarmos un programa de mínimos para as próximas eleccións galegas? Se actualmente gobernamos co PSOE tres das catro Deputacións provinciais sen conflitos aparentes, acaso non seremos quen de partillar o goberno galego con forzas coas que, a priori, as diferenzas son ben menores?", pregúntase.

Neste sentido, advirte que, para evitar que a confluencia volva fracasar, "cumpre oferecer e esixir probas de boa-fe". "Cumpre, en concreto, abrir unha nova xeira de cooperación entre o BNG e o espazo das Mareas nas institucións onde un e outras partillamos representación: nos gobernos municipais, nos gobernos provinciais e no Parlamento galego", sinala. "Só deste modo, demonstrando na práctica diaria que o traballo conxunto é posíbel, poderase construír unha confluencia real através dunha candidatura conxunta", engade.

Para conseguir estes obxectivos, Abrente considera "imprescindíbel" a refundación do nacionalismo de esquerda e poñer fin ao modelo frentista actual do Bloque. "Do mesmo xeito que os mozos e mozas que nos anos sesenta do século pasado refundaron o nacionalismo galego non optaron por reviver o Partido Galeguista da II República (sen por iso renegaren da súa herdanza), hoxe debemos recoñecer que o ciclo político do BNG rematou e, con el, o das organizacións (Abrente, UPG, MGS) que del fan parte", insiste.

Por iso, propón que a xestora que saia desa Asemblea Nacional do BNG inicie "de imediato" contactos con todas as organizacións (políticas, sociais, sindicais) e persoas individuais que se reclamen nacionalistas "con vistas a construír unha nova organización política unitaria e democrática para o nacionalismo de esquerda".

Temas: BNG UPG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

15 Héctor Sánchez

Esta proposta intelixente é a única que podería salvar o Bloque e o nacionalismo pero non vai ser aprobada porque a maioría do BNG prefire ser dono do seu territorio anque cada vez sexa máis cativo. No 2012 gañou o PP. AGE sacou máis deputad@s que o BNG, e no 2016 sacará màis diferenza. Isto facilita o trunfo do PP

14 nostrus

Yo creo que lo que se debe disolver es el bloque, para siempre. partidos que se dedican a rizar el rizo, debatir si somos galgos o somos podencos y hacer brindis al sol, no se precisan para nada. Lo que se necesitan son partidos que apuesten por el bienestar de las personas y no partidos que pongan a los seres humanos como esclavos y siervos de las lenguas y las culturas. Lo importante son las personas.

1 Antinostrus

Eivos aquí unha palmaria mostra da decadencia da Raza Atlántica Galega, noutrora baril e invencibel...tanta mixtura coa España da alpargata, finito e castañola non podería conducir a nada bó.........un pobre Mononeuronal Mediterraneizado e vendido- como cipaio mercenario disfrazado de Citizen cagarraico e até a próxima nómina -ao Ministro Antititereteiro e opusdeíno....

2 xDDDD

nostrus! canto tempo fenómenoo!! vexo que continúas entrenando para monologuista!!

13 toxo

Moi curioso, pide disolver os partidos que hai no BNG, pero non pide o mesmo para os que estan na Marea, hai carliño, carliños.

12 Comité de Resistencia.

Contra o entreguismo, RESISTENCIA. Non a claudicación e liquidacionismo do nacionalismo galego e a cultura galega, coma instrumento de acadar a soberanía e prosperidade. Fora traidores, non mais piñeirismo, mais Petáins e Vichis. Galiza non se vende..

1 Antinostrus

Esto de la Diarrera en la Cultura Galaica te lo resuelve el próximo Premio Nobel en LimparVacinillas ( Pepe Carlos Canero, plomaso de columnista sobre colledor de La Couce de Galicia) nun plis plas,,,i aun le pode botar una mano el Maikel Anjo Murado...la quintaesensia de la coerensia con lo nasional galaico....ni el Falete Espiñeira los supera en postureo cipaioso....que venga la pisaovos Tabarés, previa lam bi da haxiográfica a Santi King TheTower a botar-nos un cabo, please!!!!!.....

11 Que volte o que tiñamos

Quén son as Mareas? porque se cooperar coas Mareas é cooperar co españolismo...pois para isa viaxe imos sobrados de alforxas. Antes da refundación do BNG coido que habería de refundarse as Mareas, en función do que saia da refundación das Mareas nun ou outro senso, tería que refundarse o BNG a prol ou en contra. O nacionalismo non debee asinar ningún papel en branco, sempre debe ter a Galiza e o pobo galego coma referente. Nn tocas pode, se tan só eres un instrumento do actual poder.