O “Gora Alka-ETA” motivo de identificación policial no Entroido galego

Un mozo que ía disfrazado en Ourense de marioneta, portando a mesma pancarta pola que están detidos dous titiriteiros en Madrid, foi identificado canda outras tres persoas.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 10/02/2016 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Ir disfrazado de marioneta nas festas do Entroido portando un cartel de “Gora Alka-ETA” pode ser motivo de intervención policial. Así aconteceu na madrugada do martes en Ourense, cando un mozo foi identificado xunto a outro tres compañeiros por un suposto delito de "apoloxía do terrorismo".

O xornalista Eduardo Inda porta un cartel co lema 'Gora Alka-ETA'
O xornalista Eduardo Inda porta un cartel co lema 'Gora Alka-ETA' | Fonte: lasexta.com

O identificado foi abordado por un grupo de axentes da Policía por portar esta pancarta que foi a mesma que portaban o monicreques do grupo Títeres desde Abajo nunha representación en Madrid e polo que están en prisión.

Segundo recolle o Observatorio para os Dereitos e Liberdades, Esculca por mor destes feitos, catro persoas foron identificadas na noite do luns ao martes en Ourense durante as festas de entroido.

Os feitos tiveron lugar na Praza Maior de Ourense, cando "entre sete e oito axentes", aproximáronse a un mozo disfrazado de monicreque e que portaba un cartel no que se podía ler 'Gora Alka-ETA'. O texto concreta que o mozo foi o primeiro en ser identificado e dous amigos restantes "limitáronse a interesarse polas razóns da identificación do amigo".

Ademais engade que o mozo pensou, nun primeiro momento, que se trataba de "unha broma de entroido" ata que -segundo recolle Esculca- un axente colleuno polo brazo e levouno até o furgón policial onde procederon á súa identificación. "Dous amigos do novo e outra persoa que se achegou para interesarse polas razóns da intervención policial, foron igualmente identificados", relataron.

Segundo recolle o observatorio, os policías comunicáronlles a súa intención de pór estes feitos en coñecemento da Audiencia Nacional a fin de que valore a posibilidade da comisión dun posible delito de "enaltecemento do terrorismo", aínda que non consta denuncia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 comunista independentista

Tanta cousa por unha lea entre ex-compañeiros de profesión.

1 Choveche na testa

Há que ser misserável e auténtica rata para fazer um comentario assim. Nom sei o que vos ensinam no teu entorno ou que é o que ensinas tu aos mais novos. Puro fascismo.