Un museo da emigración galega na Estación Marítima de Vigo

A cidade de Vigo, actual motor económico de Galicia, foi durante case dous séculos un punto de partida para miles de persoas que buscaron unha nova vida noutros lugares do mundo.

Por Lois Pérez Leira | VIGO | 03/12/2024

Comparte esta noticia
A condición de porto de emigrantes, determinou o crecemento e prosperidade da cidade, converténdoa nun factor fundamental, na historia da emigración galega.
 
Con todo, a pesar da súa importancia histórica, a memoria desta época segue sendo fragmentada e dispersa. Por iso a creación dun Museo da Emigración Galega na Estación Marítima de Vigo, é unha necesidade imperiosa.
 
A Estación Marítima, que foi durante décadas o punto de partida para os emigrantes galegos, é o lugar perfecto para albergar este museo. A súa localización simboliza a conexión entre a terra natal e o destino descoñecido, e a súa historia está impregnada do espírito de sacrificio daqueles que se atreveron a deixar todo atrás. O máis querido a familia e a patria.
 
O museo debería ser un espazo que lembre a historia da emigración galega, desde as súas orixes ata a actualidade. Debería contar a historia daqueles que se foron, pero tamén daqueles que quedaron, e de como a emigración afectou á sociedade galega no seu conxunto.
 
Ademais, o museo podería ser un espazo para reflexionar sobre as consecuencias da emigración na actualidade. A globalización e a mobilidade cambiaron a forma en que nos relacionamos con outros países e culturas, pero a esencia da emigración segue sendo a mesma: a procura dunha vida mellor.
 
A creación deste museo non só sería un tributo á nosa historia, senón tamén un recoñecemento á contribución que os emigrantes galegos fixeron á construción da nosa sociedade. Sería un espazo para lembrar, pero tamén para aprender e reflexionar sobre o noso pasado e o noso presente.
 
A emigración galega contribuíu significativamente á formación da identidade cultural de Galicia. Sen coñecemento desta historia, as futuras xeracións poderían perder a conexión coas súas raíces.
 
A historia da emigración galega é un patrimonio cultural valioso que debe ser preservado e transmitido ás futuras xeracións. É hora de tomar medidas para evitar o seu esquecemento e asegurar que a identidade galega siga vixente, do contario durante algúns anos ninguén saberá quen foi García Barbón, Policarpo Sanz, Ramón Nieto e outros emigrantes que fixeron grande a Vigo e Galicia.
 
Nos EEUU o Museo da Emigración de Nova York (Ellis Island Immigration Museum) é un dos máis importantes do mundo, no seu tipo. É sen dúbida o museo máis visitado nese país. Vigo necesita alternativas culturais fronte ao fracaso do Museo da Palabra e o de Arte Contemporánea.
 
A creación dun Museo da Emigración Galega na Estación Marítima de Vigo é unha necesidade que non podemos pospoñer.

O Mando de Fronteiras e Policía Marítima da Garda Civil, tenente xeral Manuel Navarrete, presidiu no porto de Vigo a botadura do novo buque oceánico Duque de Afumada do Servizo Marítimo da Garda Civil.. GARDA CIVIL
O Mando de Fronteiras e Policía Marítima da Garda Civil, tenente xeral Manuel Navarrete, presidiu no porto de Vigo a botadura do novo buque oceánico Duque de Afumada do Servizo Marítimo da Garda Civil.. GARDA CIVIL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.