3,5 millóns para impulsar a innovación e o emprendemento tecnolóxicos en Galicia

A entidade pública estatal Red.es e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) executarán o convenio de colaboración entre Goberno central e Xunta.

Por GC Emprende | Santiago | 16/02/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

O Consello de Ministros ratificou a posta en marcha dun convenio marco de colaboración coa Xunta de Galicia que fará posible un investimento de 3,5 millóns para impulsar a innovación tecnolóxica e o emprendemento na nosa comunidade autónoma.

Investigación en nanotecnoloxía.
Investigación en nanotecnoloxía.

Este acordo, que previamente contaba coa autorización do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, terá unha vixencia de cinco anos (2016-2020) e será subscrito pola entidade pública Red.es, pertencente ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), adscrita á Consellería de Presidencia da Xunta.

No marco do acordo desenvolveranse convenios específicos que fomenten o emprendemento de base tecnolóxica e os procesos de innovación en Galicia. Así, poderanse impulsar accións como a posta en marcha de servizos de incubación e aceleración, servizos orientados á mellora do proceso emprendedor (internacionalización e crecemento), apoio á procura de financiamento e dotación de equipamento tecnolóxico, entre outros.

Red.es financiará o 80% do investimento, mentres que AMTEGA achegará o 20% restante.

Red.es e AMTEGA xa están a colaborar a través do Centro Público Demostrador de solucións TIC de Galicia, desde o que se impúlsa e difunde o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación nos sectores empresariais galegos. Este novo paso supón unha extensión da política de colaboración iniciada entre amboas as dúas entidades e abre a posibilidade de explotar novos mecanismos que impulsen o emprendemento no sector tecnolóxico, informan estes organismos.

Os programas e actuacións que se desenvolvan a través do convenio marco de colaboración aprobado polo Consello de Ministros contarán coa cofinanciación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), cuxa finalidade é fortalecer a cohesión económica e social na Unión Europea e corrixir os desequilibrios entre as súas rexións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta