Temas: ONS

Facer pública a Illa de Ons custa 600.000 euros

O Tribunal Supremo acaba de avalar a indemnización de 605.601 euros a pagar pola Administración pola illa de Ons aos seus antigos donos, que pretendían elevar a contía desa indemnización a 1.112.943 euros.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 16/02/2016 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

O alto tribunal rexeita o recurso da mercantil "Illa de Ons, S.L." contra o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid que fixou a indemnización en 605.601 euros, en execución da sentenza firme do mesmo tribunal que declarou o dereito de "Illa de Ons, S.L." á reversión dos bens da Illa de Ons e Onza, restitución ben en natura ou no seu caso condenando á Administración Xeral do Estado, como expropiante, a pagar unha indemnización.

Illa de Ons
Illa de Ons

O auto recorrido estimou que era imposible a reversión in natura, ao estar as illas afectas a outro fin público (actualmente forma parte do Parque Nacional das Illas Atlanticas), e establecendo a indemnización no 5 por cento do valor do chan, edificacións e viarias e camiños da illa (que ascendía a un total de 12,1 millóns de euros). 

O Supremo rexeita a pretensión de Illa de Ons, S.L. de elevar a indemnización, ao non alcanzar o preito a contía mínima necesaria para acceder ao recurso de casación ante o Supremo (600.000 euros), xa que a diferenza entre os 1,1 millóns que piden os recorrentes e os 605.601 euros concedidos no auto recorrido é de 507.342 euros (cifra menor dos 600.000 euros). 

O antigo propietario da illa de Ons, en Bueu, era Manuel Riobó. O longo preito comezou antes de 2008.

Temas: ONS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta