Será a quenda de Carballo Calero para o Día das Letras Galegas?

Propoñen por quinta vez o seu nome para ser homenaxeado este día. A comisión promotora destaca os seus “grandes méritos”. Fontes consultadas crititican as reticencias da RAG por ser un destacado defensor do lusismo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/02/2016 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

A candidatura de Carballoo Calero para ser homenaxeado no Día das Letras Galegas, lonxe de perder forza, aumenta ano tras ano. E é que xa van cinco desde que unha comisión que leva o seu nome ten proposto a este filólogo e escritor.

Filgueira Valverde (á dereita) e Carballo Calero (ao seu carón) nun acto que tivo legar pouco despois de chegada a democracia
Filgueira Valverde (á dereita) e Carballo Calero (ao seu carón) nun acto que tivo legar pouco despois de chegada a democracia

Por iso, un ano máis, este colectivo, creado en Ferrol, reclama que sexa o homenaxeado deste día o ano que ven  polos “seus grandes méritos". "Foi unha das ausencias máis clamorosas nas conmemoracións ás grandes figuras da cultura de Galicia", esgrime este colectivo para insistir na súa petición.

Así, lembrou unha frase do escritor Vicente Araguas  n 2014: "Pasan os anos e manteñen unha vez máis a inxustiza contra un dos maiores e mellores valedores da lingua e a cultura galegas". E é que a candidatura de Carballo Calero competiu coa de Filgueira Valverde para o ano 2015 e non saíu adiante no plenario da RAG. Tamén sonou a súa candidatura para este 2016, pero finalmente, acabou impoñéndose o nome de Manuel María.

Fontes consultadas denuncian que parte dos académicos da RAG non queren que Carballo Calero sexa homenaxeado por ser un dos principais defensores do lusismo. De feito, lembran que a súa candidatura non saíu aprobada en 2015  a pesar dos "amplísimos apoios asociativos, particulares e institucionais" que tiña. Precisamente, a AGAL, o BNG e colectivos vinculados á UPG son activos defensores da súa candidatura.

Carvalho Calero, que faleceu en 1990 aos 80 anos de idade, realizou labores de poeta, narrador, ensaísta, xornalista, lingüista e docente no seu seis décadas en activo, nas que chegou a ser membro da Real Academia Galega e tamén o primeiro profesor de lingua galega na universidade.

Membros do Seminario de Estudos Galegos, entre eles, Filgueira Valverde, Carballo Calero ou Castelao
Membros do Seminario de Estudos Galegos, entre eles, Filgueira Valverde, Carballo Calero ou Castelao

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

8 Fantoches, liscade

Non queremos máis fantochadas da RAG. Despois do de Filgueira emporcades calquera cousa que fecedes. Xubiládevos!

7 Manoliño

Eu floto, vamos. Mira que aquí hai xente rariña, nacionalistas correúdos, chulos de bareto vello todo cheo de merde, de viño en tazas e serrín no chan; tíos que non perden un follón, sexa unha mani, escrache, folga xeral; xente q se a pilla a miña aboa lávalle a lingua con estropajo e xabrón lagarto; independentistas, comunistas, marxistas, a maioría pq teñen pegatinas del e non pq o leran, etc. Total, que aquí hai xente mais rara que san pedro, pero o clímax dase nos debates do galego, que parecen saídos do forocoches shur-shur. Un fulano xa prepara a morte civil de Caneiro. Como é do pouquiño que pensa e ten ideas entre a xente de dereitas en Galicia, a por Caneiro como se foi a por Pío Moa e a fundación de Aznar. Denigrar ata aniquilar ¿non é eso? Non tendes remedio, rapaces.

1 Pepiño

A ver manolito: qué carallo vas coñecer a túa avoa se non coñeces nin a túa nai.

2 Galiñoleando

"floto", "chulos de bareto", "merde", "serrín", "follón", "folga xeral", "q se a pilla", "estropajo", "pegatinas", "forocoches shur-shur", "Galicia", ........ ala, vai ranhá-la com "tu abuela", ho.

6 RQeC

As ideas de Carballo Calero quedaron desfasadas, a comezos so século XX podían ter eco esas ideas racistas de idiomas de primeira e dialectos de segunda, pero hoxe non, e máis cando coñecemos cada vez millor o galego medieval, que é maís diferente do portugués do que pensan as poucas ducias de persoas que siguen o conto do lusismo.

1 Troyãos do Paço

pois a ver se o vas conhecendo ti melhor e começas a aplicar-lhe os tils de nassalidade que os cedilhas que tinha a eito http://www.orbilat.com/Languages/Ga...

2 RQeC

Eu creo que o til de nasalidade usabase para abreviar letras "n", igual que no castelán, non por pronuniciar a nasalidade portuguesa.

3 yrmaão cristião

Pois sigue "creyendo".... http://www.orbilat.com/Languages/Ga... :D

4 RQeC

De feito é así, til pra abreviar o "n".

5 pantaloes lugueses

Para alem do seu magim... alguma prova disso que afirma? :D

6 Clarinda A

É verdade que o til era pra assinalar o n velar, e de facto o galego perdeu a nassalidade “portuguesa“ bem cedo (agás nalgumhas bisbarras no Courel e na Baixa Límia), mas os «-çom» se empregavam. E mesmo alguns «-nh» em documentos notariais da província de Pontevedra. De facto, está demonstrado a unidade do galego medieval (tamém chamado galego-português) de Ortigueira ata o Douro. É normal que na escrita fossem, dentro da grande variedade de soluções praticada em toda essa regiom da Galécia, um mesmo sistema

7 Gilipolleces

Vale, y? Los espanoles y los latinoamericanos pronunciamos la zeta de manera muy diferente y eso no hace que en Zaragoza y Bogota hablen idiomas distintos. Dejense de chorradas galicianas.

8 7qaz

É cruel pros lusistas, pero na idade media galego e portugués eran xa moi diferentes, de feito portuguau independizouse de Galicia, non de León, e por algo sería.

5 Castelhanistas fora!!

Depois da fascistada filgueirana, importa um caralho o que decidam os traidores da RAG... Ilgarragueiros do demo, galtrapeiros do caralho: Não sujem o nome de Ricardo Carvalho Calero com as suas porcas homenagens!!! Entreguem os seus "Ñ"s e auto-dissolvam-se!!!

4 Galeguiño con ñ

¡Eu propoño a Caneiro, que tamén escribe en castelán e nos desparasita do portugués, coma Filgueira!