Os escritores galegos suxiren a expropiación do Panteón de Galegos Ilustres

O seu presidente cualifica de "lamentable" o seu estado e di que "non se pode tolerar esta situación tan ferinte".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/02/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) quere que o Panteón de Galegos Ilustres sexa de titularidade pública e de libre acceso. Unha petición que choca co Arcebispado de Santiago que é o titular da Igrexia de Bonaval, onde se atopan os restos dalgúns dos escritores,historiadores, científicos e poetas máis importantes de Galicia. Por iso, na práctica, os escritores piden a expropiacion deste edificio relixioso para o disfrute dos cidadáns.

Panteón dos Galegos Ilustres
Panteón dos Galegos Ilustres | Fonte: galiciaenfotos.com

Así se pronunciou este domingo o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesis, nun acto público que tivo lugar no Panteón, con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro, que terá lugar este mércores.

"A situación actual na que se atopa o Panteón é lamentable e un pobo que se aprecie non pode tolerar esta situación tan ferinte", dixo Sánchez Iglesias que o achacou á falta de "acción política". "Por iso hai que transformar esta realidade", engadiu.

Sobre Rosalia, o presidente da AELG destacou que "ela soa foi quen de construír o relato dunha nación" e afirmou que "Galicia foi a súa razón de ser", unha terra que ela mesma "acabou por modelar" coa súa poesía.

Por outra banda, o escritor galego Suso de Toro, foi o encargado de ler un manifesto no que destacou que Rosalia foi unha persoa "verdadeira" e "libre", e que, debido ás circunstancias sociais da época, "tivo que pagar" esa liberdade, "pechada" na súa casa cos seus poemas, como ela mesma describiuse nun deles.

Valentín García e Carlos Mella, na homenaxe a Castelao
Valentín García e Carlos Mella, na homenaxe a Castelao | Fonte: Xunta

Tamén lembrou a "xustiza social" que Rosalía pedía para os "desherdados" e eloxiou a súa poesía "lírica", que "nacía dos sentimentos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta