O Colexio de Xornalistas de Galicia pide a TVE que retire o expediente aberto contra un xornalista

O redactor de Canal 24 Horas criticou a manipulación das informacións do ente público.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/02/2016 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

"Una sencilla regla de tres: manipulación es corrupcion; la dirección de Informativos manipula, ergo...". Esta foi a mensaxe que saíu a pasada semana da conta de Óscar González, ex responsable da área de Sociedade e Internacional de TVE e actualmente redactor de Canal 24 Horas de TVE. Unha mensaxe enviada polo sistema iNews ao resto dos traballadores dos telexornais desta canle pública e polo que a dirección lle abriu un expediente por "falta moi grave".

Sede de RTVE
Sede de RTVE

Por iso, ao igual que fixeron outras entidades e asociacións profesionais, o Colexio de Xornalistas de Galicia (CPXG) pediulle este luns á dirección do grupo público a retirada deste expediente disciplinario.

O CPXG sinala que "a liberdade de expresión, fundamental para o exercicio do xornalismo, ten que garantirse tamén a nivel interno nos distintos medios, e moi especialmente naqueles de titularidade pública".

O comentario de González chamaba a atención sobre a suposta desproporción nos telexornais no tempo dedicado ao asunto dos titiriteros, claramente maior que o outorgado ás detencións en Valencia segundo recolleu o consello de informativos de TVE nun das súas análises.

Este xornalista xa contaba cun apercibimento de sanción e participara activamente en anteriores plantes dos traballadores fronte á directiva.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta