Feijóo di que “xa se verá” se os casos de corrupción afectan ao PP nas autonómicas

Recoñece que os casos xudiciais que afectan ao PP tiveron efectos nas pasadas xerais pero defene a postura de Rita de Barberá de non dimitir porque “ten experiencia política suficiente”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/02/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dubida aínda se os casos de corrupción que tanto están afectando ao PP vaian a ter incidencia nos resultados das vindeiras eleccións autonómicas. “Xa se verá se afecta nas autonómicas por son outras eleccións”, dixo.

Feijóo nun Consello da xunta
Feijóo nun Consello da xunta | Fonte: xunta.es

Unhas declaracións nas que deixou entrever que unha cousa son os comicios xerais e outros os autonómicos. En todo caso, recoñeceu que a corrupción afectou aos resultados das pasadas eleccións, onde o PP perdeu tres millón de votos, “tamén en Galicia”. “E isto significa que tamén nos afectou”, dixo en resposta a unha pregunta de GC.

Sen embargo, Feijóo evitou censurar á ex alcaldesa de Valencia, Rita Barberá, que se nega a dimitir tras os escándalos do PP de Valencia.  Así,  indicou que a política valenciana, do mesmo xeito que calquera outro responsable político ou que calquera cidadán, “está exposta a que a xustiza lle pregunte o que considere oportuno preguntarlle".

"Ten a experiencia política suficiente, leva moitísimas maiorías absolutas consecutivas, a inmensa maioría dos valencianos votárona durante máis 20 anos e correspóndelle a ela tomar as decisións políticas que considere", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Mauro

Home Feijoo: Sabes que afectarán pouco. Iso sábeo calquera. Cando queiras preséntoche ós votantes do PP que conhezo. Logo xa me dirás.

1 Xatedirei

Felicítote!! Se coñeces a tódolos votantes do PP... coñeces a ben xente!!!

1 Antolin o dos cubatas

O PP non ten votantes, ten feligreses