Castelo de Monterrei: Gañan os intereses turísticos

A Audiencia Nacional admite o uso hostaleiro deste espazo patrimonial como quería a Xunta, a pesar de que os veciños pedían que tivera máis uso público e cultural.

Por Galicia Confidencial | Monterrei | 26/02/2016 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

A Xunta gañou nos tribunais o que os veciños pedían que se acordara nunha negociación. E é que a Audiencia Nacional desestimou  este xoves o recurso contencioso-administrativo contra a ampliación do uso hostaleiro contemplado polo Goberno galego no Castelo de Monterrei xa que entende que "non sacrifica" o dereito dos cidadáns de acceso á cultura.

Mobilización en contra da privatización do Castelo de Monterrei  / facebook.com/comarca.demonterrei
Mobilización en contra da privatización do Castelo de Monterrei / facebook.com/comarca.demonterrei

Desta forma, a sentenza pronúnciase a favor de Turismo de Galicia ao desestimar o recurso contencioso-administrativo contra a Orde Ministerial con data 27 de xuño de 2014 ditada polo Ministerio de Facenda pola que se acordou a ampliación do destino previsto na cesión á Xunta de Galicia do Castelo de Monterrei e de todo o seu recinto amurallado.

Segundo indicaron fontes de Turismo de Galicia, o fallo xudicial "ratifica o seu uso hostaleiro --como Parador de Turismo-- ao entender que" é compatible co fin sinalado na concesión inicial de cesión e puntualiza que non se sacrificou con ela o dereito constitucional dos cidadáns ao acceso á cultura”, destaca este departamento nun comunicado.

Considera que a actual proposta de uso residencial público hostaleiro "aproxímase máis ao uso primitivo como residencia" polo que é "compatible cos seus valores culturais, respectándose en todo caso as súas características construtivas, especiais e compositivas".

Por outra banda, o auto recolle que dita ampliación non constitúe en ningún caso un suposto de mala administración, concluíndo por tanto que o acordo de ampliación do uso "non altera a cesión efectuada en orixe ao continuar os bens cedidos baixo a esfera de responsabilidade da Xunta de Galicia, detallou a administración galega.

O xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense xa desestimara o pasado mes de decembro un recurso exposto pola Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta