A UPG gaña unha Asemblea á que acudiron o 35% dos que votaron en Amio

Cumpriuse o guión previsto. A candidata da liña oficialista do BNG, Ana Pontón, é xa a primeira muller que chega a voceira nacional. Aymerich anuncia a súa marcha. Vídeo das resolucións e do discurso final no interior.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/02/2016 | Actualizada ás 22:08

Comparte esta noticia

Ana Belén Pontón Mondelo, actual voceira parlamentar, levará o leme dun Bloque que promete refundarse. Con todo, os plans electorais seguen a ser o mesmos. A diversidade ideolóxica e o volume da militancia da fronte, pola contra, é sensiblemente menor.

Votando na XV Asemblea do BNG no Palexco da Coruña
Votando na XV Asemblea do BNG no Palexco da Coruña

Pontón gañou grazas, entre outros factores, ao pacto entre a Unión do Pobo Galego -partido no que milita- e o Movemento Galego ao Socialismo -partido tamén comunista cuxos dirixentes proceden en boa medida da UPG. 

No Palexco da Coruña 1.191 persoas votaron á candidatura de Ana Pontón. 170 votos foron para a de Carlos B. Ansoar, un militante do Barbanza que foi o único dos críticos en dar a cara nas urnas. Houbo 131 brancos e 25 nulos.

Son en total 1.517 sufraxios, 2.866 menos (un 65% inferior) que os contados na Asemblea de hai catro anos en Amio. Daquela Carlos Aymerich e Francisco Jorquera se repartiron case en parte iguais 4.383 sufraxios para ver quen era o candidato á Xunta. Tras Amio, o Bloque sufriu dúas escisións importantes e unha progresiva sangría de votos e militantes. No referido a militantes, polo visto e oído este domingo, a sangría pode prolongarse.

Nas votacións previas ao documento político, a liña oficialista tamén gañou, pero houbo varios votos particulares que rozaron os 500 apoios.

Asemblea do BNG no Palexco da Coruña
Asemblea do BNG no Palexco da Coruña | Fonte: BNG FEne

Unha mostra que non todos no Bloque están cómodos coa receita de actualizar o discurso e a organización sen introducir cambios profundos. Nin se abre a porta aos pactos coas mareas nin se obriga a disolver os partidos e correntes que conviven na fronte.

Estas eran dúas das demandas de Abrente, a corrente máis socialdemócrata entre os nacionalistas. O seu líder Carlos Aymerich confirmou na propia Asemblea que marcha da fronte, canso de pertencer a unha organización na que non se ve representado. Está por ver cantos das persoas próximas a Abrente tamén collen a porta. Outros críticos, como Carme Adán ou Alba Nogueira comprometeron seguir na fronte.

A chegada de Pontón ao liderado é moi significativa. Por vez primeira o principal partido da historia do nacionalismo, a UPG, non cede o cargo de voceiro nacional. É máis, pesos pesados desta forza -como Néstor Rego, Bieito Lobeira, Montse Prado, Goretti San Martín ou Rubén Cela- están na Executivo.

Na lista ao Consello Nacional non hai rastro de membros de Abrente nin sequera de independentes como o até hoxe voceiro nacional, Xavier Vence, ou da deputada Carme Adán, quen públicamente pediron un cambio de rumbo ante o contínuo devalo nas urnas. 

“Un revés electoral non esgota un proxecto político!” proclamou Pontón no seu discurso de investidura. Na Asemblea non se abordou quen será o cabeza de cartel nas vindeiras eleccións a Xunta. 

O BNG aprobou numerosas resolucións, entre outras: a prol da independencia de Cataluña, contra a prórroga de ENCE, en solidariedade co pobo kurdo, co pobo palestino e pola liberdade de Arnaldo Otegui “inxustamente encarcelado pola súa defensa dos dereitos nacionais de Euskal Herri “ por vías pacíficas e democráticas. Velaquí o discurso completo da nova portavoz do Bloque Nacionalista Galego:

Vence na Asemblea do BNG
Vence na Asemblea do BNG
Ana Pontón
Ana Pontón | Fonte: MGS Twitter
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

19 balbino

Moi serio e obxectivo este xornal, debe ser da mesma editorial que La Razón ou ABC.

18 Doente

Hai que agradecer o gran servizo a Galicia que lle está a facer o BNG apurando a súa propia desaparición do panorama político e das institucións. É moi de valorar

1 buli

Que falta de originalidade. Levades os exnacionalistas ca mesma ladainha desde hai anos.

2 valmoure

deixar de ser do BNG, e ser ex-nacionalista para estes seitarios blocheviques. Que se poidesen, teriannos colgados dunha ponte. Con Diegos Santorio, Xose Emilio Vicente e demais chusma na casa e xente de nivel como Carlos Aymerich fora (eles seguiranlle a chamar españolista, traidor, axente do Mosad e esas cousas das que tanto gostan) xa sabemos cara onde vai o BNG. Así acabou no concello de Vigo sen representación con ilustres como Santorio ou o frade Xabier P.Igrexas dirixindo o aparello.

17 Requeixado

Alguen pensa que en Podemos mandan os circulos fronte a cupula madrileña? Logo se dicimos o mesmo do Bng non se asusten: a asemblea ben sendo unha cerimonia, puro ritual e posta en escena do cociñado: a Upg manda e dirixe! Os independientes tragan ou largan! Aplaudir ou calar!! Ponton Mondelo, modelo pontona: sen oficio nen beneficio fora do Bng! Aymerich comeza un novo goteo, outros seguirano e outras do seu grupo fanse as despistadas (ver Sandra de Tomiño, no poder municipal, a quen en La Sexta, cada poucos venres pola noite repiten e acusan, sen desmentidos, como alcaldesa escondida, de complicidade co clan dos Morones).

16 Souto

Sego a pensar que no BNG o tenhen moi difícil. Con PODEMOS non van. Paréceme perfecto. Con ANOVA que non ten un criterio definido, máis que o de recolectar votos como sexa. Como fan os do PP, PSOE, CIDADÁNS, UPYD, etc. como as empresas. Como si fosen COCA-COLA, PEPSI-COLA, FORD, CITROEN, SEAT... Ou és unha persoa íntegra, pero con defectos como todos, ou és un vendido ó sistema. Onde queres estar? É unha decisión persoal. Pensades que eu falo en galego porque o fala a maioría? Onde vivo eu ninguén fala e moito menos, escribe en galego pero eu sí co falo. Gostariame que o falara moiita xente. Pero nunca busquei o número. O único que busquei foi a minha moral tela en paz. É dicer, é unha cuestión persoal.

15 De que traballa?

Un exemplo de liberada total, das de toda a vida, na executiva do BNG. A concelleira pontevedresa Carmen Dasilva. Todo un exemplo da renovación á que nos conduce a UPG.