Temas: TREN AVE LISBOA VIGO

Portugal xa está máis preto de Galicia por alta velocidade ferroviaria

O Goberno luso saca a concurso a electrificación dun tramo na Liña do Miño. Deste xeito, só restaría a que conectaría Viana do Castelo coa fronteira galega.

Por Galicia Confidencial | Lisboa | 02/03/2016 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

O tren de alta velocidade entre Lisboa e Vigo comeza xa a materializarse. Portugal sacou este mércores a concurso, de forma oficial, a electrificación do tramo ferroviario que conecta os municipios lusos de Nine e Viana do Castelo, próximo á fronteira con Galicia.

Tren AVE
Tren AVE | Fonte: Renfe

O contrato foi publicado no boletín oficial do Estado luso, no que se precisa que a adxudicación ten un prezo de referencia de 21,5 millóns de euros. O procedemento será supervisado por Infraestruturas de Portugal, e o prazo de execución estímase en 450 días.

A Liña do Miño conecta a cidade portuguesa do Porto e Vigo, e a súa electrificación -que permitirá aumentar a velocidade dos trens- é un dos grandes obxectivos históricos da rexión. unha segunda fase está previsto que se saque a concurso a electrificación do último tramo desta liña que aínda queda pendente en chan luso, desde Viana do Castelo até Valença do Minho, limítrofe con Galicia.

Un anuncio que foi moi ben acollido polo Eixo Atlántico que destaca que, deste xeito, o novo goberno socialista “está a cumprir a súa palabra”, xa que anunciou o pasado mes que, “en breve sacaría este concurso”. “Agora o que queda, é o tramo que vai de Viana a Galicia pero está pendente de coñecerse o acceso sur do TAV en Vigo”, apuntaron fontes consultadas.

A licitación desta electrificación estaba inicialmente anunciada para o mes de setembro, tal e como figuraba nun dos acordos alcanzados na XXVIII cume hispano-lusa, celebrada en xuño do ano pasado na localidade pontevedresa de Baiona. Con todo, as eleccións e o cambio de Goberno rexistrado en Portugal atrasaron o concurso, que xa foi anunciado o pasado 17 de febreiro polo ministro de Plan e Infraestruturas, Pedro Marques, durante a súa participación na asemblea do Eixo Atlántico.

Vigo e O Porto están conectados desde 2014 cun tren directo que completa o traxecto en dúas horas e cuarto, e coa mellora da Liña do Miño a viaxe reducirase até os 90 minutos.

Temas: TREN AVE LISBOA VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 Non ás radiais

Obrigado, Portugal, polos investimentos no Eixo. Ao contrario que a ministra de Zamora, que só mira polas radiais que nos unen (e polo tanto subordinan) a Madrid.

1 n8j6

Dillo a Ana PAstor, que inaugurou o eixo atlántico Coruña-Vigo. Por certo gracias o AVE Galicia-MAdrid, Ourense ten velocidade alta, porque é máis importante o interior galego que as conexións con portrugal.

2 Non ás radiais

O Eixo Atlántico leva inaugurado décadas, querido. O único que fixo Ana Pastor foi INAUGURAR a metade dunha obra inacabada que levou máis dunha década e consistiu na rectificación de curvas e electrificación de trazado, unha reformiña de segunda para un país de segunda, que saíu ben barata. Porque o Eixo Atlántico está sen rematar, falata por conectar A Coruña-Ferrol e Vigo co Porto. Grazas a Portugal que está poñendo algo de cartos, que de ser por España teriamos que pasar a fronteira en mula.

3 FrT9

A mesma chorrada de electrificar vías que lle atribues a Ana Pastor e o que tanto loubas non portugueses, moi obxetivo non pareces. Ana Pastor acabou o treito Santiago-Vigo, grazas o cal podemos falar de eixo-atlántico. Un luxo que vertebra Galicia. Agora hai que invertir na variante de Cerdedo, unha obra básica que mellorará a conexión Vigo-ourense, moito más util que o ave a Oporto.

4 Españolistas dades noxo

"acabou o treito Santiago-Vigo" Unha liña que leva existindo 40 anos? LOL se cadra ten máis sentido o que dixo o amigo Radiais.

5 Frt9

"Acabou o treito Santiago-Vigo" de velocidade alta, que é do que estamos falando, ti nas berzas, pra variar.

1 Ferrovale

A electrificación non ten nada que ver coa alta velocidade entre España e Portugal. Están a electrificar a vía actual, que non é nin por asomo de alta velocidade. O proxecto entre Vigo é Porto pasa por una vía de velocidade alta similar a que hai entre Coruña e Vigo, esto é, dobre vía electrificada e apta para trafico mixto (viaxeiros e mercancía) con velocidades máximas de 220 km/h A velocidade non vai aumentar con esta electrificación. España non vai cambiar os trens que circulan entre Vigo é Porto, entre outras cosas porque require adaptar os trens ao sistema de seguridade portugués e homologalo.