Temas: BNG NACIONALISMO

Quintana deixa o BNG, mais non o nacionalismo

O histórico dirixente do Bloque tramita a súa baixa porque non comparte "nin a forma nin o fondo" do proxecto político liderado pola UPG.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/03/2016 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

A XV Asemblea Nacional do BNG deixou moitas feridas abertas e un clima insostible para algúns históricos militantes da fronte nacionalista, que se vén descompoñendo sen que a UPG —partido que mantén un duro control sobre o Bloque— atope a fórmula para revitalizalo. Á marcha xa anunciada de Carlos Ameyrich, a substitución de Xavier Vence e as ameazas de varios cargos e militantes de deixar o BNG, súmase agora un histórico desta coalición, o ex-vicepresidente da Xunta Anxo Quintana.

Participación de Anxo Quintana nun mitin nacionalista
Participación de Anxo Quintana nun mitin nacionalista

Quinta deixa o BNG porque non se identifica xa neste proxecto político no que, di "a visión critica, en lugar de ser excepción, converteuse en norma", o cal foi para el síntoma de que estaba "ubicado no lugar equivocado". 

O ex-vicepresidente do bipartito di non compartir as formulacións políticas que mantén a día de hoxe a fronte nacionalista. Por iso, xa tramitou a súa baixa como militante. Segundo adianta La Voz de Galicia, Quintana di "non compartir, nin na forma nin no fondo, ningunha táctica e ningún dos obxectivos estratéxicos do proxecto político do BNG de hoxe".

Así llo comunicou á dirección do Bloque na súa carta de renuncia, enviada o pasado martes á responsable do BNG de Allariz, localidade da que foi alcalde antes de dar o salto á Xunta. Nela, Quintaba salienta que se dá de baixa do BNG, mais "non de nacionalista". E subliña que se ben non atopa ningún espazo político institucional co que se identificarse e desde o que exercer a súa militancia nacionalista, móstrase "disposto a colaborar sempre na construción nacional de Galicia".

Quintana non quere manterse no BNG por simples nostalxias do pasado. "A militancia nun proxecto político —di— non pode estar motivada só por sentimientos de amizade e recordos dos tempos pasados".

O pasado ano, Quintana volveu á primeira liña da política galega coa plataforma Somos Nós, coa que tenta abrir novos espazos de debate para o nacionalismo galego. 

Temas: BNG NACIONALISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

5 vexo a tele...logo existo

Caralho! Potemos-La Mare semelha o Florentino Perez facendo fichaxes. Un circo con pallasos e vendecamisetas para narcotizar a audencia, A politica española e a serie ficcion cos piores actores de toda a pantalla-

4 Chinto da Insua

O unto vaise esgotando, so os vermes do partido acadan sustento, asi que os carronheiros e achegados de conveniencia liscan... Para os quintanistas, fans do anxo caido, tres perlas: o asalto ao poder en Allariz parecevos, a vos que predicades moderacion, todo un modelo de democrata ou debera ser Quin condenado por subversivo? Sabedes dos negocios da familia Quintana en Allariz ou do parente rico no Brasil, e tragades o das portas xiratorias e o iate de Jacinto Rey? E que dicides da curiosidade de que Quin tivese como asesor a un Veiga Buxan, e a irma deste, Vega Bujan (sen normalizar) politica en Monforte e Deputacion de Lugo, a unha Quintana?

3 valmoure

AVANTE, AVANTE AVANTE, AVANTE COM A UPG Diego Santorio, Xabier P.Igrexas, Ximena Mariel, Xose Emilio Vicente Caneda, Avia Gonzalez, Noa Presas...eses son os referentes do BNUPG. TERRORIFICO. Xente seitaria, de nivel intelectual pésimo, adoutrinados no odio e no estalinismo mais terrible desde pequenos, En que acabou o proxecto "común" do BNG. Mi madriña...

2 comunista

Bom é normal um galeguista liberal, amigo de grandes empresários nom tinha cabida num projecto soberanista e de esquerda, fai bem o seu e autonomia , europa e Euros!!

1 Fer

Logo tamen se iran os Vence Nogueira, co patriarca don Camilo, o EUROdeputado na Sicav de Luxemburgo amigo dos paraisos fiscais. Canto apostas a que estan na porta? E que no sair van facer ruido?

1 Como lle din, Quin

Moi coherente, como o foi no seu día deixar a primeira liña. O tempo daralle a razón a un home que foi moi inxustamente tratado pola opinión pública e polo propio nacionalismo.

1 Anxo Castro

Que leve parte da débeda que criou ao BNG e que lle leve a parte correspondente aos de Anova e CxG... E coidado aos que os reciban que están acostumados ao RO-CO-CO