A Xunta tardou tres anos en resolver un expediente contra eléctricas tras sentenza xudicial

Un veciño de Alfoz negouse a pagar máis de 3.000 euros de luz en catro meses ao considerar que había unha sobrefacturación. O seu caso tardou anos en resolverse tras unha denuncia ante a Xunta en Lugo, un proceso xudicial que recoñece que Iberdrola e Begasa non "actuaron correctamente", e unha nova resolución da Consellería de Industria.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 07/03/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Xustiza actúa antes que a Xunta para resolver os problemas que existen entre as grandes eléctricas e os usuarios por deficiencias e sobretarifación no consumo da luz. Un problema común que, se vai por vía administrativa, tarda meses e mesmo anos en resolverse. 

Medición no contador da luz
Medición no contador da luz | Fonte: OCU

Foi o que lle aconteceu  a un veciño de Alfoz que denunciou o 3 de abril de 2012 ante a Delegación Territorial da Xunta en Lugo unha suposa sobretarifación eléctrica dun baixo da súa propiedade. Unha cantidade que se negou a pagar ao considerala excesiva.

Dez días despois presentaba outra nova reclamación contra Iberdrola Generación SAU e Begasa por outra facturación incorrecta dos meses de xaneiro e febreiro dese ano. Este veciño de Alfoz denunciaba que, en catro meses, estas dúas empresas queríanlle cobrar 3.147 euros de máis. Posteriormente, o 18 de setembro dese ano, presentou outra nova denuncian contra Begasa pola retirada do contador eléctrico sen a súa autorización.

Un proceso que a Xunta tardou máis de oito meses en resolver recoñecendo o dereito do usuario a recibir o diñeiro que tanto a distribuidora como a comercializadora eléctrica lle tiñan cobrado de máis. Sen embargo, Iberdrola coma Begasa decidiron acudir aos tribunais e non atender a resolución da Xunta que é a que ten competencias nesta materia. "Las reclamaciones o discrepancias que se suscieten en relación con el contrato de suministro a tarifa, o de acceso a las redes, o con las facturaciones derivadas de los mismos serán resueltas administrativamente por el órgano competente en materia de energía de la Comunidad Autonóma o Ciudades de Ceuta y Melilla, en cuyo territorio se efectúe el suministro", recolle a lei ao respecto.

Ao mesmo tempo, presentaban outra reclamación na Delegación Territorial da Xunta en Lugo para negarse a acatar a súa resolución. Unha reclamación que tardaría en resolverse case tres anos, un ano e sete meses despois de saír a setenza xudicial, presentada en outubro de 2013 e resolta en marzo de 2014, tamén favorable ao veciño de Alfoz.

Sentenza xudicial favorable

Na sentenza, e con máis contundencia que a propia Xunta, a xuíza recoñece que nin Iberdrola Generación SAU e Begasa "actuaron correctamente" porque nas facturas non se "distribuiu correctametne" o consumo de enerxía eléctrica. Ademais, suliña que deberían terlle efectuado unha nova refacturación ao usuario para "poder cobrarlle o consumo de enerxía eléctrica realizado".

Sobre a factura de máis de 3.000 euros que reclaman estas eléctricas, a xuíza deixa claro que "non é posible concretar que consumo de enerxía efectuou o demandado no periodo no que se refire a factura" xa que existen dúas facturas diferentes relativas a ese mesmo periodo de tempo.

Con esa sentenza emitida, o 28 de outubro de 2015, a xefa do Servizo Técnico Xurídico da Xunta en Lugo, Lourdes Ledo Moure, asina unha nova resolución na que, estima as reclamacións do veciño de Alfoz e declara indebida a retirada do seu contador e declarando incorrrecta a facturación impugnada por eléctrica e comercializadora.

Non é a primeira vez que usuarios e empresas se queixan dos abusos das eléctricas. GC ten publicado xa varias sentenzas e resolucións neste sentido, a última, a dun establecemento hoteleiro de Lugo ao que se lle cortou a luz, a pesar de ter presentado varios recursos por sobretarifación na Delegación Territorial da Xunta nesta provincia.

Galicia Confidencial contactou co servizo de prensa da Consellería para saber a súa opinión sobre esta cuestión a inicios da pasada semana pero, desde a Xunta deron a calada por resposta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Wenceslao

Seguro que o funcionario ocupado do expediente estaba de moscoso ou de baixa por depresión. Ou se ía aos locais do faroliño vermello co responsable da compañía eléctrica.

1 Ramon

Cre o ladron que todos son da sua condicion.......

2 Merucu xusticieru

O comentario do Wences ese è o propio dun zoquete. Non hai màis que dicir.