Beiras evita polemizar con Caballero porque “lle ten aprecio”

O veterano líder nacionalista lembra que a súa nai era de Vigo e pasou alí moitas temporadas, mentres que o alcalde “é de Ponteareas”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/03/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario de AGE, Xosé Manuel Beiras, lamentou as críticas do alcalde de Vigo, Abel Caballero, cara á súa persoa porque dixo tenlle "un gran aprecio" e garda "recordos entrañables" da súa relación dos anos universitarios, cando el foi o seu profesor na Facultade de Económicas da USC.

Xosé Manuel Beiras no Parlamento de Galicia
Xosé Manuel Beiras no Parlamento de Galicia

O veterano líder nacionalista respondeu así tras ser preguntado polas críticas de Abel Caballero que dixo que "non sabe o que é Vigo" e de ser un inimigo da cidade olívica por opoñerse ao acordo entre o PSdeG e o PPdeG para modificar o PXOM de Vigo e permitir a ampliación da factoría de Citröen.

"Igual quen non sabe o que é Vigo, lamentablemente, é el. É de Ponteareas. A miña nai era viguesa e a metade da miña infancia paseina en Vigo", dixo Beiras nun acto parlamentario en Santiago. Así, suliñou que "Vigo é o Berbés, Coia, a xente do común"; non así "a dirección de Citroën, que por certo", revelou, "está bastante enfadada porque a utilizasen" para a aprobación da modificación dun artigo da Lei do Solo.

Por iso, aproveitou tamén para dirixir os seus dardos contra o presidente da Xunta de Galicia, a quen non tivo tantos reparos á hora de criticar. “Desde logo, Vigo non é Alberto Núñez Feijóo. Ese non sabe de onde é. É dos Peares pero ten complexo", ironizou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 5000 euros por non ir

A xente do comun non ten pazo nin é de familia rica

2 S.Sesese

Menudo sectarismo, " amiguetes" , ou por orde de nacemento. Xa se sabe cómo son os das vilas. A Sorbona marca

1 LKI

Outra boa ocasión para o desafogo dos tristes troliños bloqueiros.