Caballero di que seguirá mantendo boas relacións con Beiras, a pesar das diferencias políticas

"Un pouquiño vouno a desculpar porque sei que el quería admitir a trámite esa emenda -á Lei do Solo- e a proba é que non foi a votar en contra", di sobre a posición da marea en contra da normativa que permite a Citroën ampliar as súas instalacións.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 12/03/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero (PSOE), tentou este venres rebaixar a tensión con Xosé Manuel Beiras, profesor e compañeiro seu na Facultade de Económicas da USC e recoñeceu que mantén desde hai anos, e "con independencia das posicións políticas", unha "moi boa relación de respecto mutuo" co portavoz de AGE.

Abel Caballero, alcalde de Vigo
Abel Caballero, alcalde de Vigo | Fonte: moicelestes

Este vínculo, dixo, remóntase a "épocas pasadas, cando a ditadura significaba que os que faciamos política podiamos acabar detidos ou dous anos fóra de España por non poder regresar, como me sucedeu", rememorou. “Aquela relación permanece e vai permanecer" pero que non exime a Xosé Manuel Beiras, suliñou, "da responsabilidade de non estar á beira de Vigo cando o necesitaba".

En todo caso, desculpou "un pouquiño" a falta de apoio de Xosé Manuel Beiras, á reforma da Lei do chan, pola que se soluciona o problema xurdido con Citroën para ampliar as súas instalacións. “Fágoo porque creo que é refén de xente radical de ultraizquierda, anticapitalista e antisistema que o que queren é queimar Citroën e queimar Vigo", dixo despois de que o líder de Anova evitara polemizar con el este xoves afirmando que lle "ten aprecio".

"Un pouquiño vouno a desculpar porque sei que el quería admitir a trámite esa emenda -á Lei do Chan- e a proba é que non foi a votar en contra", indicou. En todo caso, lembrou que el mesmo pediu publicamente ao portavoz parlamentario de AGE este apoio e "non houbo resposta", polo que mantivo que, "naquel momento, o comportamento de Beiras foi contra Vigo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Antinostrus

Pois eu. Beirista até a Médula, desta vez vou-llw emendar a maior e criticar moi duramente que unha persoa do seu nivel poida ter relacións (aínda que fosen mediando pecado nefando) con este impresentabel, españolista, paifoco descomunal e provinciano acomplexado que os/as Vigueses/as (que xa hai que te-los.......) se puxeron como alcalde e que deixa ao finado friki do Leri, ao facer unha comparativa, ao nivel de Mao (non o zascandil do eixo atlantico senón o auténtico, chinés), Stalin, Xesuscristo, Adenauer, Alexandre Magno, Lenine, Lincoln ou Castro Fidel... Xosé Manuel, coidadiño....este a ma ru ci na men to con semellante Indixente Intelectual (a nivel do Nostrus, sen ir mais lonxe.......) pode ser o primeiro sinal dunha Decrepitude Irreversibel!!!

3 Predicando co exemplo

O vello tiña que aconsellarlle a Caballero (só de nome) un "exercicio de humildade" coma a Sánchez, disciplina na que o Mesias é campión olímpicó, e nos esbardallar con frikadas de confundir anticapitalista con antisistema, que son cousas ben distintas. Os anticapilastas non teñen rabo é comen nenos, queiman cidades e conventos e igrexas. Non queimarían Citroen, en todo o caso a expropiarian para os traballadores, ou farían un millor reparto dos beneficios. Mais polo marqués da Reboraina, pode durmir tranquilo, non corre ninigún perigo.

2 Pazo con criados

Beiras non vai nunca ao parlamento ou moi poiuco ainda que cobra todo o salario. A sua ausencia desa votacion non implica que quixera votar que non ainda que o mesmo se abraza con Amancio Ortega que con Fraga

1 seguiran o que mande expaña

Veu do pe$oe e voltara o pe$oe .... agora intenta facerse con podreiros Galcia es expaña, despois de afundir a anova e o AGE por medio de fortes represións de mozos anovados e reanovados, despois do latego feudal de reborainas e despois dos numeros de deputados discolos no AGE, agora e todo podremios e controlar a merdeya... utilizando os seu golfiño merendiño e outros proceres dos untamentos merdeyanos ... despois chegara o pacto polas cuestións sociais ou crematisticas (roubar), desbotandose pois calquer cousa que beneficie os traballadores e o pobo galego.