Toda a oposición galega en contra do acordo da UE sobre os refuxiados sirios

Piden unha sesión urxente da Comisión Permanente para Asuntos Europeos para abordar esta situación. O Concello de Pontevedra anuncia que retirará a bandeira europea do edificio municipal.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/03/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Todos unidos en contra do acordo da UE con Turquia para que acolla a todos os refuxiados que cheguen a territorio europeo. Os Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, o Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, o Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda e o Grupo Parlamentario Mixto, onde se atopa Cerna, solicitan unha reunión urxente e monográfica da Comisión Permanente non Lexislativa para Asuntos Europeos, para abordar esta cuestión.

Campo de refuxiados sirios en Zaatari, Jordania
Campo de refuxiados sirios en Zaatari, Jordania | Fonte: rt.com

Todos os grupos da oposición en Galicia queren que o PP se pronuncie sobre o acordado e as intencións do Goberno Español e da Xunta ao respecto do rexeitamento e expulsión masiva das persoas refuxiadas que foxen das guerras de Oriente Próximo. Sobre esta cuestión, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, suliñou este luns que os populares están coa “legalidade internacional” que emana do acordo da UE.

Por outra banda, o Concello de Pontevedra procederá este martes a retirar a bandeira da Unión Europa da Casa Consistorial como "sinal da protesta" ante a política comunitaria sobre os refuxiados.

Trátase dunha iniciativa que o BNG está a solicitar aos gobernos municipais das cidades galegas para protestar contra un acordo que, din, vai contra a legalidade internacional e os dereitos humanos, representa unhas políticas "inhumanas e lesivas" e viola os dereitos humanos fundamentais.

Ante esta decisión, desde o grupo municipal do PSdeG-PSOE en Pontevedra lamentaron que o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, estea a protagonizar unha "clara deriva" cara a un nacionalismo "rancio e eurófobo". "O que fará  Lores é tan estúpido como arriar a bandeira galega cada vez que non esteamos de acordo con algunha medida posta en marcha pola Xunta", sinalou o portavoz socialista, Agustín Fernández.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Alternativa Por Galiza

Este é o nacionalismo de chichinabo do BNJA!, "primeiro os de fora e os galegos os últimos". E algún ainda non comprendeu porque no os vota nin o tato. I

1 galegoexiliado

Meu deus, en que mans estamos. Os descendentes dos invasores do século VIII, e seguintes, queren traer de volta aos que expulsaron os reis católicos. ¿Que será despois? ¿O Califato de Ponte al Vedra? Que xenerosos son con cartos alleos.