Revolta simbólica dalgúns concellos contra a UE tras o peche de fronteiras

A Coruña e Ferrol tamén baixarán a bandeira europea dos consistorios municipais sumándose, deste xeito, a Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 16/03/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Os concellos da Coruña e de Ferrol anunciaron este martes a retirada parcial da bandeira da Unión Europea (UE) que loce nos balcóns dos consistorios municipais. Unha decisión que tamén adoptou o Concello de Pontevedra e que é unha medida de protesta contra o acordo da troika comunitaria con Turquia para a devolución dos refuxiados sirios e o peche de fronteiras.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, procede a retirar a bandeira da UE do consistorio pontevedrés
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, procede a retirar a bandeira da UE do consistorio pontevedrés | Fonte: pontevedraViva.com

Con esta medida, o Consistorio coruñés mostra o seu rexeitamento ao "peche das fronteiras europeas aos solicitantes de asilo político procedentes de Asia e África" tras manifestar previamente a súa vontade de unirse ás "cidades refuxio". Por este motivo, a bandeira da UE do palacio de María Pita ondea xa na parte máis baixa do mastro, mentres a galega e a española continúan nas súas posicións habituais.

Tamén o Concello de Ferrol unirase, ao longo do día deste mércores, ás reivindicacións pola crise de refuxiados, co simbólico arriado da bandeira da Unión Europea, despregada na fachada do consistorio da Praza de Armas.

O Goberno da cidade, formado por Ferrol en Común e PSOE, anunciou que se integrará tamén mañá na concentración que está prevista ás 20 horas diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia, e onde estará presente, entre outros moitos colectivos, o comité de empresa de Navantia Ferrol.

Como noutros puntos de Galicia, o BNG tamén solicitou non só que se baixe, senón que se retire a bandeira comunitaria "en sinal de denuncia pola barbarie humanitaria que se está cometendo contra as persoas refuxiadas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 toque as conciencias

O BLOQUE fixo ben.... os outros non facian nada, tivo que ser como sempre a organización nacionalista e de esquerda a que actuase a que incidise na sociedade ante a grave inxustiza e inhumanidade de institucions europeas EU (EUROS) outros non movían nin un dedo, pe$oe, o que dixo o exsenador do pp na radio galega onte foi noxento cando chamou -imbéciles os promotores, -imbécil e il e todo o pepeiro... en canto a merdeya nada de nada, soamente empezaron a moverse agora, moitas ongues están a favor e o estamos vendo... o Bloque fixo ben!