A Policía Nacional di non entender o “dialecto” galego

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia o caso dunha cidadá galega á que se lle pediu que se expresase en castelán.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/03/2016 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de denunciar "un caso grave de vulneración de dereitos lingüísticos por parte da Policía Nacional". Así o fixo público hoxe tras coñecer que unha cidadá solicitou información de maneira telemática á Policía sobre o documento de identidade electrónico. Esta é a resposta que recibiu: “Perdone la indiscrecion pero si es posible que me exponga su problema en castellano para poder darle una solución a su incidencia, ya que no entendemos su dialecto” (respéctanse os error ortográficos do funcionario que enviou a resposta).

Policía no derrubo en Reza
Policía no derrubo en Reza | Fonte: Javier Fraiz Twitter

O que chama tamén a atención desta resposta é a consideración de "dialecto" que o funcionario lle outorga á lingua galega na súa resposta, enviada dende a conta soporte.sacdni@policia.es, do Servicio de Atención al Ciudadano.

Desde a Mesa pola Normalización Lingüística anunciaron que enviarán unha queixa á Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), á valedora do Pobo, ao Ministerio do Interior e á propia Policía española. "A Mesa pedirá o cesamento do ministro e dos responsábeis, pois é moi grave que non se lle dea a atención debida ás cidadás e cidadáns que falan en galego. Esta situación demostra un desprezo cara ao galego, que é unha lingua oficial", explican.

A Mesa considera que este é "un caso grave de vulneración de dereitos lingüísticos" ao que hai que engadir que "na  tramitación do expediente administrativo para obter o carné de identidade non se garante o uso do galego, posto que aínda que o documento final se expida en galego e español o 'sobre cego'  que expiden está unicamente en castelán e non dispoñen de modelos en galego". Esta situación tamén xa foi denunciada tamén pola Mesa ante a Policía Nacional para que garanta a atención en galego.

Ademais, a plataforma pola defensa do galego denuncia que "a base de datos da toponimia que emprega o programa informático de renovación e expedición do documento de identidade está deturpada e contén nomes acastrapados". Para a Mesa, "todo isto é unha mostra de que o galego non é considerado lingua oficial por parte da Policía Nacional".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

10 DigoEu

Eu tiña entendido que todo funcionario que vén traballar a Galiza está obrigado a facer un cursiño para aprender galego e falarlle en galego a quen lle fale en galego, como lingua co-oficial en Galicia. ¿Si ou non?

9 Antinostrus

E que xa se sabe (polo menos na miña familia): cando hai un inutil ou un fracasado escolar na casa que lle/nos queda: a ver se pode meter-se a Guarda Civil, Policia (incluidos Mancontros, Mossos e Ertzainas nos seus respeitivos territorios) ou Nostrus..............................

8 nostrus

Enton chegamos a conclusion de que de tan mala fe é considerar ao galego un dialecto como considerar que galego e portugues son a mesma lingua. E ten razon Javier, o galego é oficial porque estamos na España que tanto odiades, porque si estiveramos noutro pais non ia ser asi. En Europa hay mais de duascentas linguas e mirade cantas son oficiais. E non lle fagades caso a Mesa porque esta sobradamente acreditada como organizacion mentirosa e facedelle mais caso a Galicia Bilingüe que é unha asociacion que respeta a oficialidade das duas linguas de Galicia.

1 GLG

Personalmente non odio España, e si, son independentista. Os galeguistas podemos crer nun proxecto de país propio sen ter que "odiar" a ninguén, eso que sinalas son prexuízos absurdos de quen seguramente lle gustaría que fose así para xustificar certas actitudes. Dito isto, a España actual dista moito de ser un país do que sentirse orgulloso, ogallá todo fora diferente, e ogallá tamén non tivéramos que estar xustificando a nosa cultura e identidade ante quen nos desprecia culturalmente e parece querer uniformizarnos baixo súa bandeira. Xa fai tempo que a socioligüística demostrou a relación entre a glotofaxia e as relacións sociais de poder, para quen as queira ver claro. En canto ó teu Conseloo sobre a Mesa, moitas grazas, pero lidas as túas gloriosas intervencións... creo que "vou pasar".

2 teutonio

A esa conclusión chegas ti. A España que odio é a representada por ti e as rancias forzas conservadoras e centralistas, que case sempre tiveron o poder por certo. En Europa máis de 200 linguas???, mande??!?!?, hai case que a metdade delas, de onde sacas esa lista?, Europa é o continente con menor diversidade lingüística... e en todo caso ben nos poderíamos fixar noutros modelos lingüísticos que si funcionan e respectan os dereitos dos administrados (Finlandia, Suíza, Luxemburgo, Bélxica...). Mira unha lista bastante extensa (mesmo inclúe o extremeño) https://en.wikipedia.org/wiki/List_...

3 nostrusfkFD

GLG.Que saibas que os indepes e separatas contribuides bastante a que España non sexa un pais do que sentirse orgulloso, pero inda asi, a pesar dos indepes e separatas, España é unha gran nacion da que sentirse orgulloso, coa sua diversidade e coa sua fauna de duas patas.Teutonio, no mundo hai unhas seis ou sete mil linguas e mira cantas son oficiais. Eu estou a favor de que o galego sexa oficial e que o use quen asi o desexe, pero sin que ninguen estea obrigado a rezarlle.

4 teutonio

Nostrus, y si mi abuela tuviese ruedas. Se queres que a xente empregue o galego cando e canto desexe tes que entón apoiar unha política lingüística ambiciosa, que remate cos prexúizos dos falantes das dúas linguas e que estes vexan normal o uso do galego fora dos contextos até agora reservados pra el, pra que así a miña nai non fale castelán no Corte Inglés, os meus amigos non o empreguen pra ir ás mozas no Areal ou eu non teña medo de ser rexeitado nunha entrevista de traballo. Desa maneira poderemos falar cando e canto queiramos, os que saibamos galego, claro. Ves que fácil é rebatirche?.

5 nostrus

teutonio, eu falo galego coa miña muller, meus amigos, meu fillo.......excepto cando me da a gaña e falo castelan onde me da a gaña. O que hai que fomentar é que "se pode" usar o galego en calquer ambito, pero para eso non hai que forzar directa ou indirectamente o use a xente que non lle apetece facelo, como pode ser o caso do regulamento lingüistico do concello de Lugo e inda porriba só por unha mania identitaria colectiva. Ningun galego ten porque cambiar o seu chip lingüistico, pero si él quere, tampouco lle fai mal que de cando en vez use a outra lingua sua. Non poñas aos galegofantes como victimas que non cola e dime si cres que che daran traballo si vas pedilo a CIG falando castelan.

6 nostrus

teutonio, por outra banda esta ben fomentar o uso do galego para que o utilice quen queira, pero sin crear barreiras lingüisticas que nos perxudican a todos, como crearlle nos problemas aos non galegos que nos visiten e a cambio os catalanes e vascos que nos las creen a nos e ao resto cando vaiamos a Cataluña ou a Euskadi. Hai que garantir que todos os españoles teñamos dereito a informacion institucional en calquer parte de España, porriba das "manias" identitarias. Reclamas que a tua nai non fale castelan e ao mesmo tempo esixes que os foraneos que nos visitan teñan que saber galego.

7 teutonio

Claro home, hai que deixar a xente falar galego, outra cousa é que continúen os prexuízos e por empregalo perdas puntos nunha entrevista de traballo, boten o teu CV ao lixo, te miren mal nun pub ou pensen que es de Parderrubias e non de Coia.. poño os galegofalantes como vitimas porque coñezo moitos, miña nai muda de lingua en segundo que situacións pra non ser marcada, como o fai o meu irmán, a miña sobriña non o quere empregar por ser lingua de vellos e aldeáns, etc. Fai o favor e le "Do estigma á estima" de Valentina Formoso, explícacho ben. Quen traballe na CIG terá que acreditar nos postulados políticos que a organización defende, se eu traballase pro PP tería que crer no "bilingüísmo harmónico" e no neoliberalismo... porén, que tiren o meu CV ao lixo na Cámara de Comercio da Coruña ou que me resten puntos por usar o galego nunha entrevista pra Pórtico ou Citroën é inxustificable (digoo por experiencia).

8 GLG

nostrusfkFD. Chámasnos “indepes e separatas” e inda tes a coraxe de dicir que nós contribuímos bastante? Retratado che deixa. O que hai é que ser máis tolerante cos que pensan diferente a un, e non intervir menosprezando ós demáis. Sen tolerancia e sen respecto pola diferencia non pode haber un marco de convivencia para todos. Eu non falto ó respecto a aqueles que pensades que Galiza debe seguir en España, oxalá os demáis fosen capaces a facer o mesmo cos que teñen a idea contraria. Nada ten de malo en crer noutra forma de facer as cousas e nada ten de malo pensar que a xente debe ter a capacidade e o dereito de decidir o seu futuro. Imos discutir a estas alturas a identidade de Galiza como pobo? Por que non crer nun proxecto diferente nos que nos gobernemos a nós mesmos, á nosa medida, para as nosas necesidades? Ou é que inda pensamos que Galiza non sería capaz a existir sen a tutela de España?

7 Javier

Esto redunda en vuestro propio perjuicio. Tratáis de defender una lengua, al igual que el catalán, que está completamente muerta y que es completamente inútil salvo en una pequeña parte de España, y que precisamente tiene su importancia por estar englobada dentro de un país europeo como España, porque en África ó India hay un montón de lenguas, dialectos, etc. y para hacerse entender utilizan el francés o el inglés y no tienen ningún problema. He leído el mensaje y no es para tanto; no existe ningún tipo de denigración, pero sí un error. Si que aparenta ser de un policía con buenas intenciones, pero que no se expresa con la suficiente soltura. Lo único que puede acontecer, es que traduzcan las consultas una a una demorándose y poniendo trabas a un servicio que no tienen por qué dar. Muchos de vosotros deberíais repasar la Constitución y ver el artículo 3.1 que establece que el castellano es la lengua oficial y es un 'deber' el conocerlo.

1 teutonio

Y si mi abuela tuviese ruedas... por certo, Sudáfrica ten 11 linguas oficiais e a India 22. A mi cuando me imponen algo me rebelo y me opongo, como que me impongan el castellano, además cambia cada poco, se inventan cosas y no hay manera de saber como se escribe (solo sin tilde!?!?!, ye en vez de i griega!?!?!). Morta estará a túa aboa, a miña lingua é falada por bastante xente, máis que linguas oficiais en estados europeos como o maltés, estonio, letón, irlandés. Ademais serviume pra comunicarme con galegos e lusófonos en Galicia, Portugal, Madrid, Grecia, Bélxica, Reino Unido... e tamén pra aprender outras linguas, porque un gale é unha galerna, un squirrel é un esquío e o leite é masculino nas linguas latinas quitando o castelán. Viaxe máis...

6 nostrus

Yo no me imagino a la policia persiguiendo al gallego como dice la Mesa, tambien hay que reconocer que la Mesa es una organizacion mentirosa. el hecho de que el policia considere dialecto al gallego obedece a una ignorancia del policia, que no tiene porque ser liguista. los que se sienten despreciados por considerar dialecto al gallego es porque desprecian los dialectos y a la vez no consideran exageracion equiparar la importancia del gallego con la importancia del ingles o el español

1 costrus

"no consideran exageracion equiparar la importancia del gallego con la importancia del ingles o el español" troll

2 teutonio

Insistes, non ten que ser lingüísta, pero un policía ten que pasar unhas oposicións nas que o coñecemento da Constitución e outras normas nas que se inclúen a oficialidade das linguas do estado. Os que nos sentimos desprezados facémolo maiormente porque entendemos que o policía busca iso, desprezar unha lingua degradándoa a dialecto que non merece ser respectado nin ser considerado como lingua de uso nunha relación formal entre un administrado e un funcionario.

3 Vaiche boa...

"los que se sienten despreciados por considerar dialecto al gallego es porque desprecian los dialectos y a la vez no consideran exageracion equiparar la importancia del gallego con la importancia del ingles o el español". Con iso xa o dis todo...lamentable.

4 SemanaSanta

Non home, ignorancia non é, é vontade de fod*r un pouco, nada máis. Toda España sabe que o galego é cooficial. Cooficialidade que tamén ten o seu eco na Unión Europea. Polo que respecta a que os que nos sentimos despreciados facemos o mesmo cos dialectos...home, vasme perdoar pero non hai por onde collelo. A túa última frase xa denota tamén o teu pensar, é do máis triste que teño lido neste tema fai tempo. Abur.