Feijóo novo presidente da Fundación Inditex?

A incerteza sobre o seu futuro e, sobre todo, o seu pouco peso para poder suceder a Rajoy en Madrid, fai que algúns medios o sitúen como empregado de Amancio Ortega.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/03/2016 | Actualizada ás 21:19

Comparte esta noticia

“O debate persoal non é Madrid ou Galicia, senón se se me vexo a min mesmo con ambición política suficiente para volver ser presidente dos galegos e para dedicar toda a súa vida a política, ou se vou iniciar outra actividade profesional”, suliñaba o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, hai uns días nunha entrevista en Onda Cero.Decisión que comunicará nos próximos días a Mariano Rajoy, e que será antes do próximo 18 de abril, que é cando cumpre sete anos ao fronte da Xunta.

Feijóo con Marta Ortega, filla de Amancio Ortega
Feijóo con Marta Ortega, filla de Amancio Ortega | Fonte: elconfidencial.com

Unhas palabras que abriron moitas incógnitas pero poucos apoios na cúpula do PP en Madrid. E é que a posibilidade de que abandone a política e comece unha carreira na empresa privada, non causou ningún balbordo no seu partido. Ninguén saíu en Madrid a pedirlle a Feijóo que continúe, a diferencia do que aconteceu no PP de Galicia.

E por que esta indiferencia?. Segundo publica Vox Populi, na sede de Génova poderían ser xa conscientes do interese do presidente galego en ir á empresa privada e aceptar a oferta que Amancio Ortega lle fixo para presidir a súa fundación, dotada con 25 millóns de euros de orzamento anual e que promove todo tipo de proxectos sociais.

“Pero o que ten o presidente da Xunta, aseguran fontes moi próximas, non é un problema de diñeiro, senón de desafección política: sabe que Mariano Rajoy non o quere en Madrid e é consciente tamén de que o seu mandato na Xunta caduca en outubro, mes no que toca celebrar unhas eleccións autonómicas que o PP rexional dá por perdidas”, escribe o xornalista Federico Castaño neste medio.

O pasado domingo, segundo fontes do PP citadas por este medio, Feijóo “pillou un gran desgusto cando o seu xornal de referencia, La Voz de Galicia, certificaba que el non era o elixido” para substituír a Feijóo. “Foi un desgusto, sinalan as fontes, pero para nada unha sorpresa”, engade.

Conversa entre Anancio Ortega e Alberto Núñez Feijóo
Conversa entre Anancio Ortega e Alberto Núñez Feijóo | Fonte: elconfidencial.com

E é que esta indiferencia do PP de Madrid, que non ten moi en conta a Feijóo nin ao PP galego, é a que fixo que o presidente galego escoitara ofertas do sector privado, sobre todo, sabedor de que se vai como candidato a unhas novas eleccións, podería perdelas e quedar no banco da oposición.

É por iso, segundo Vox Populi, que se tería amosado interesado por presidir unha fundación da que o propio Goberno galego forma parte do seu protectorado a través de varias consellerías mentres que no seu padroado están o propio Amancio Ortega, a súa esposa Flora Pérez, a súa filla Marta e o presidente e conselleiro delegado do grupo, Pablo Isla. Con todo, fontes da Fundación dixeron a Vozpópuli que a fichaxe de Feijóo “é un rumor carente de fundamento”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Ana

Tanto nos da o futuro dese señor. So agardamos que o próximo presidente de Galicia sexa un iberista que defenda xunto a catalans e vascos o proxecto da Federación Iberica nunha Republica Constitucional e con Galicia coma unha das nacions federadas. En definitiva que aposte pola ruptura co rexime do 78 e non pola reforma. Todos estamos a imaxinar esa Galicia nación con identidade propia, industrializada, con banca publica galega, tarifa eléctrica galega, co retorno dos emigrantes, que aposte pola investigación e desarrollo e polo respeto ao medio ambiente. Votaremos a políticos que teñan un proxecto de país para Galicia e que sexan iberistas, e chamamos xa as mareas a facer seu o proxecto iberista, asi como a fomentar o iberismo en todolos foros galegos, estatais e internacionais. O iberismo é por fin a dor, o recoñecemento das nacions e identidades, a soberanía, mirar a Iberoamérica, a evolución e conciencia, o pasado e o futuro.

2 Mariano

Na "Fundación" está bem. Nom tem como estragar muita cousa...

1 Kim

Estades trabucados. Feixoo está a piques de fichar por Carrumeiro. O din fontes do PP citadas pos Fox Papuchi.