Inicio dos descartes para liderar o PSdeG

O presidente da Deputación da Coruña di que non será candidato do PSdeG á Xunta. "Quero seguir casado", chanceou este xoves.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/03/2016 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

O PSdeG abriu xa a carreira interna para aspirar á Presidencia da Xunta. E, polo momento, só se van confirmando aqueles aspirantes que non optarán a ese posto. Un deles é o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que xa se descartou para este posto.

Valentín González, presidente da Deputación da Coruña
Valentín González, presidente da Deputación da Coruña | Fonte: PSdeG-PSOE

De feito, González Formoso, ao igual de José Ramón Besteiro e Abel Caballero, atópanse imputados en asuntos xudiciais. O propio líder socialista viuse obrigado a renunciar a aspirar a ser o candidato á Xunta logo de que a xuíza Pilar de Lara o imputara nun novo caso, a Operación Pulpo.

"Quero seguir casado", chanceou González Formoso tras ser preguntado por se optará á presidencia da Xunta. Foi durante o almorzo de Fórum Europa Tribuna Galicia, celebrado na Coruña, e onde foi presentado polo expresidente da Xunta, Fernando González Laxe.

O presidente da institución provincial e alcalde das Pontes suliñou que o seu compromiso é coa Deputación da Coruña e co seu concello. "Son un apaixoado do mundo municipal", indicou.

Nos últimos días unha asemblea comarcal do PSdeG e a corrente En Positivo pediron xa a celebración de primarias e dun congreso para elixir o novo candidato ás eleccións autonómicas. Entre os aspirantes poderían estar Carmela Silva e Francisco Caamaño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta