O PSdeG tamén pide a prohibición das touradas e espectáculos con animais salvaxes

Reclama que a Xunta prohiba a utilización de animais salvaxes en todo tipo de espectáculos “que lles poidan ocasionar danos, burlas, sufrimentos ou facelos obxecto de tratamento antinatural".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/03/2016 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O PSdeG tamén se suma as reclamacións de asociacións animalistas e outros grupos parlamentarios a favor do benestar animal. Por iso, presentou unha proposta no Parlamento de Galicia para prohibir expresamente os circos con animais salvaxes, así como os espectáculos, pelexas e festas populares nas que interveñan animais non domésticos, incluídos os touros, anunciou hoxe a

Contra as touradas
Contra as touradas

A portavoz parlamentaria do PSdeG de Medio Ambiente, Patricia Vilán, dixo este xoves en rolda de prensa que varios catedráticos e expertos en diferentes ámbitos elaboraron informes para determinar a incidencia deses espectáculos nos animais salvaxes e chegaron á conclusión de que sofren "moita tensión" e, pola súa natureza, conservan os instintos até o punto de que "poden volverse nalgúns casos impredicibles".

Por iso, defende que a Xunta prohiba a utilización de animais salvaxes en todo tipo de espectáculos “que lles poidan ocasionar danos, burlas, sufrimentos ou facelos obxecto de tratamento antinatural". Tamén pide "prohibir os espectáculos de circo con animais pertencentes á fauna salvaxe".  De feito, xa hai unha trintena de municipios galegos con iniciativas aprobadas nese sentido.

Vilán destacou que a petición de prohibir expresamente os circos con animais salvaxes concierne en particular a situación dos felinos e elefantes, e destacou que en España só hai oito empresas nesas condicións. Con todo, apuntou que a súa proposición inclúe unha "cláusula xenérica" sobre todo tipo de animais non domésticos, para prohibir que participen en espectáculos públicos, o que inclúe as "touradas" ou corridas de touros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Hermerico

E Pepinho Blanco, um dos assistentes às touradas de Lores, que opina disso ?

1 Guillerme Gintonic

Lores vaise quedando so financiando as touradas nas festas da Peregrina