Portugal quere facer un polo turístico do Camiño de Santiago

O Ministro de Cultura luso comprometese a revitalizar o Camiño e tamén dá o seu apoio á súa candidatura a Patrimonio da Humanidade, tal e como reclama o Eixo Atlántico.

Por Galicia Confidencial | Lisboa | 30/03/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Portugal quere liderar a recuperación e promoción do Camiño Portugués de Santiago, tanto na súa recuperación, como na candidatura do Camiño para ser declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no horizonte de 2021, próximo ano santo.

O ministro de Cultura luso, João Soares, nun encontro que mantivo en Lisboa co presidente e o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Ricardo Rio e Xoan Vázquez Mao
O ministro de Cultura luso, João Soares, nun encontro que mantivo en Lisboa co presidente e o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Ricardo Rio e Xoan Vázquez Mao

Así  o declarou o ministro de Cultura luso, João Soares, nun encontro que mantivo en Lisboa co presidente e o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Ricardo Rio e Xoan Vázquez Mao. De feito, o dirixente portugués amosouse “entusiasta” do Camiño de Santiago e á relación con Galicia.

Por iso, comprometeuse a organizar unha reunión con outros departamentos do Goberno de Portugal, especialmente os de Economía e Turismo para analizar os próximos pasos a dar. De feito, este mércores, o Secretario Xeral da entidade transfronteiriza e a asesora do Ministro acordarán os pormenores desta reunión para que se celebre canto antes.

Igualmente Soares manifestou aos dirixentes do Eixo Atlántico que enviará nos próximos días unha carta oficial á entidade na que testemuñará o seu apoio, e o do seu departamento, a estes proxectos.

Ricardo Rio, pola súa banda, manifestou a súa satisfacción pola adhesión do Goberno portugués á proposta do Eixo Atlántico que este órgano considera “crucial non só para o turismo, senón para a economía global da rexión Norte e de todo Portugal”.  Pola súa banda, o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, lembrou que o novo goberno portugués “desbloqueou en 4 meses” dúas importantes cuestións para a eurorrexión como son as infraestruturas e o Camiño Portugués.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta