Ferrol envórcase na axuda a Siria

Concello, bombeiros e Protección Civil cooperan na recollida solidaria de doazóns aos refuxiados.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 31/03/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O Concello de Ferrol, os bombeiros do parque da Gándara e os voluntarios da Agrupación Local de Protección Civil, iniciaron unha recollida de doazóns solidarias para axudar aos refuxiados sirios nas instalacións do antigo acuartelamento de terra no Sánchez Aguilera, en Catabois.

Recollida de axuda para os refuxiados sirios
Recollida de axuda para os refuxiados sirios

Ata agora recolleuse, especialmente, roupa, aínda que os bombeiros insisten en que o que máis se precisa son produtos de hixiene (cepillos e pasta dos dentes, champús antipiollos, compresas, artigos para o afeitado, xel, toallas,..) alimentos infantís, así como cadernos e lapis de cores, ademais de outros produtos como poden ser cremas calmantes, apósitos, alcol, auga osixenada, vendas e gasas, muletas ou bastóns.

Neste días festivos, algúns veciños fixeron directamente as súas doazóns no parque no parque de bombeiros da Gándara pero desde o martes 29, centralizase no Sánchez Aguilera. Esta é unha iniciativa solidaria dos bombeiros da cidade naval, que conta co respaldo do Concello de Ferrol e coa colaboración dos voluntarios da agrupación local de Protección Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta