Temas: SADA INUNDACIóN

Sada podería ser declarada zona catastrófica polas graves inundacións

A localidade coruñesa sofre as peores inundacións da súa historia. Lanchas da Garda Civil e Protección Civil teñen que socorrer a veciños atrapados nas súas vivendas. GC publica varios vídeos e fotos da desfeita.

Por Galicia Confidencial | Sada | 30/03/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Sada podería ser declarada zona catastrófica por unhas graves inundacións que provocaron este mércores que multitude de veciños tiveran que abandonar as súas vivendas en barcas ou canoas coa axuda da Garda Civil, 061 ou de Protección Civil.

Graves inundacións en Sada
Graves inundacións en Sada | Fonte: FB Albeert Perez

De feito, tres lanchas de rescate están a traballar arreo para atender aos veciños que aínda seguen nas súas vivendas, e varios reforzos tiveron que ser enviados á localidade pola gravidade da situación. 

A metade das súas rúas están cortadas ao tráfico. Desde a dirección do instituto Isaac Díaz Pardo decidiron suspender as clases ante as dificultades para saír á rúa. E o temor dos veciños vai en aumento ante a posibilidade que a situación empeore coa suba da marea, prevista para a tarde deste mércores.

"Son unhas inundacións nunca lembradas antes, a choiva coincidiu coa marea chea e os dous ríos que hai non deron abasto", explicou o alcalde de Sada, que avanzou que mañá no pleno municipal proporase a solicitude de declaración de zona catastrófica.

O norte de Galicia sufriu este mércores precipitacións moi intensas. Tamén, case toda a provincia de Ourense e a Montaña de Lugo estarán en alerta amerela por neve polo menos até mañá. Ademais, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa por choiva que está a afectar á provincia da Coruña.

Varios coches baixo as augas en Sada
Varios coches baixo as augas en Sada | Fonte: FB Albeert Pérez

Moitos veciños gravaron estas instantáneas colgadas en Youtube:

E outros decidiron colgar varias fotos en Facebook:

Varios coches baixo as augas en Sada tras as graves inundacións que sufriu Sada polo último temporal de chuvia
Varios coches baixo as augas en Sada tras as graves inundacións que sufriu Sada polo último temporal de chuvia | Fonte: FB Albeert Pérez
A auga inunda as rúas de Sada
A auga inunda as rúas de Sada | Fonte: FB Albeert Pérez
Temas: SADA INUNDACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Hermerico

O que é umha catástrofe é a imbecilidade dos infra-humanos que aterram as zonas de inundaçom e branhas e construem aí. Depois, quando a natureza procura um caminho contra a estupidez humana, " que catástrofe!". Como em Bertamiráns, Cee, Baiona, Vilagarcia...., por nom falar dos ca brons que constroírom na lagoa de Valdovihno. A geografía da imbecilidade é extensa.

1 Gloria

Totalmente dacordo!!!!

1 HURACANCIO FORZA 7

tardaron muito en informar unha folla informativa do 112 alerta laranxa meus amigos... por unhas choivas e nada mais... daban coa subida da marea, os concellos ninguen sabia nada, a xunta deixou o cidadan espido en nadega pura, agora cada quen a salvar o seu cu o CATRINA da Galiza foi en zonas puntuais e menos mal... FRIJOLES OUTRO CERO MAIS NO MARCADOR!!!!

1 Hermerico

A corruPPSOEçom. E nom vistes um marulo na Tvg a dizer "isto nunca passou"?