Feijóo considera que falar dun cambio de modelo de Estado é propio dun “bar con tapas”

“Algúns alcaldes pretenden seguir con tertulias ocorrentes”, di sobre a proposta do rexedor de Ferrol, Jorge Suárez, de debater en pleno sobre monarquía ou república.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 31/03/2016 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, amosouse hoxe extremadamente crítico coas formacións políticas e os concellos que queren discutir a posibilidade de mudar o actual modelo de Estado dunha monarquía a unha república, tal e como pide Ferrol en Común. “Iso é para cando se abandonen os despachos oficiais e quede en conversas animadas nun bar con tapas”, dixo en ton despectivo.

Feijóo de tapas
Feijóo de tapas | Fonte: cronicasdelaemigracion.com

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o líder dos populares galegos considerou inaceptable que organismos públicos discutan sobre o actual modelo do Estado. “Non estamos para bromas”, dixo sobre a postura que defende o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, de levar ao pleno municipal a posibilidade de discutir sobre un modelo republicano ou monárquico.

“Pero eu lin que –a Suárez-- o lle parecía unha persoa próxima o rei de España e, entón, como o vai invitar se o quere suprimir?”, ironizou. “Bromas aparte hai moita xente que está máis que sorprendida en vilas e cidades porque logo de dez meses algúns gobernos aínda non comezaron a gobernar e levan 300 días de gracietas”, dixo aludindo, sobre todo, aos concellos gobernados polas mareas.

Por iso, considerou unha “ocorrencia” que un concello discuta sobre a figura do rei español. “Algúns alcaldes aínda non tomaron ningunha decisión de goberno e pretenden seguir con tertulias ocorrentes que nada teñen co ver cos concellos”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

7 Antolín o dos cubatas

Como se ve na foto a Núñez Feijoo góstanlle os chourizos

6 LKI

30 anos de gobernos municipais bloqueiros e tiveron que chegar os "españolistas" das Mareas para que os concellos se pronuncien sobre a autodeterminación e a república. Que fixo o BeNeGá nestes anos? Is a procesións ultracatólicas, promover as corridas de touros e montar redes clientelares. Así lles foi.

5 Galiza ceibe

Feijoo ben sendo dos nosos, no Bloque estamos con Feijoo como segunda opcion, e sabendo que non semella este o momento do Bloque o mellor parece ser unha aposta para evitar alternativas, logo resiste Feijoo e sigamos agardando tranquilos. Mellor o vello conocido que experimentar con gaseosa.

4 Galiza ceibe

Non hai que mudar o modelo de estado. Temos que ser o noso estado, a Galiza sen colonizadores a roubar os nosos recursos, sen a probeza e sen os abusos de bwana.

3 cantaclaro

tendo os merendas de Age Anton Sanchez de portavoz e a Bieiras bufando no circo eu tamen considero que e un furancho este parlamento. Renovacion