Os meus recordos chavistas

Hai 33 anos, un sector das forzas armadas venezolanas comandadas por Hugo Chávez Frías tentou unha sublevación militar que non tivo éxito. Aínda que anos despois triunfo co apoio do pobo. Decateime deste acontecemento a través da radio e logo vino por televisión.

Por Lois Pérez Leira | Bos Aires | 23/02/2025

Comparte esta noticia
Nese momento, Chávez definía o seu movemento como bolivariano, o que me fixo pensar que podería ser un militar nacionalista similar a outros líderes latinoamericanos como o xeneral Alvarado do Perú, Torres de Bolivia ou do propio xeneral Perón na Arxentina.
 
Ao escoitar o termo "bolivariano", acordeime do que expuña o Partido Comunista da  arxentina sobre a necesidade de construír unhas forzas armadas sanmartinianas. A conexión coa historia e a ideoloxía de Simón Bolívar, o Liberador, era evidente.
 
Despois da súa condena e posterior triunfo electoral, iniciamos en Vigo unha campaña sistemática de solidariedade coa revolución bolivariana. Desde a Confederación Intersindical Galega que presidía Manuel Mera, impulsamos o primeiro Comité Galego de Solidariedade coa Revolución Bolivariana, onde tamén participaba o BNG e Esquerda Unida. Contamos co apoio de venezolanos de orixe galega radicados na cidade. Entre eles Luís Noia que tiña unha imprenta que nos imprimia gratis os carteis do Comité.
En Venezuela impulsamos a creación do Círculo Galego Bolivariano "Pepe Velo" onde participaban  entre outros, Manolo Jiraldez, Tamanco da Torre, Xurxo Martiz , Alberto Puente e  Xose Manuel López  Trelles.
Entre as actividades que me tocou protagonizar, foi a organización popular no 2005 da recepción de Hugo Chávez na súa primeira visita a Santiago de Compostela, despois da súa participación no XV  Cume Iberoamericana de Presidentes e Xefes de Estado en Salamanca.  Naquela oportunidade démoslle os benvida centenares de amigos da revolución bolivariana. Anos despois, participei na fundación da Asociación Galega-Bolivariana Hugo Chávez, (AGABO) onda Manolo Garrido e Alfonso  Martinez "Rizo" . Sendo elixido Martinez  Presidente e eu secretario.
 
Por aquel entón, non era fácil ser chavista en Galicia, nin no estado español e menos  en Europa. Recordo que nunha oportunidade pedinlle a firma para un manifesto de solidariedade con Chávez a unha destacada compañeira,  que fora Secretaria Xeral da UPG, Elvira Souto, e negoume a súa firma. Díxome que ela non apoiaba a militares. Supoño que despois cambio a súa opinión. 
 
A pesar dos desafíos, a revolución bolivariana seguiu adiante, con Chávez como o seu líder indiscutible. O seu movemento buscaba construír unha América bolivariana, inspirada na obra de Simón Bolívar, e promovía a integración rexional e a cooperación entre os países de América Latina e o Caribe. Agora está obra continúaa Nicolás Maduro un fillo de Bolivar e de Chávez. Lois Pérez Leira. Escritor e analista político.

Hugo Chávez
Hugo Chávez | Fonte: diario-octubre.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.