Correctivo xudicial a Gas Natural Fenosa por cobro abusivo

O xuíz prohibe preventivamente a esta empresa eléctrica o cobro de demoras de máis dun ano.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/04/2016 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O xulgado do Mercantil número un da Coruña prohibiu de maneira cautelar a Gas Natural Fenosa que emita facturas por consumos de enerxía eléctrica cunha demora superior a un ano.

Sede de Gas Natural Fenosa
Sede de Gas Natural Fenosa | Fonte: lavozlibre.com

"Acordo a prohibición a Gas Natural de emitir facturas por consumos de enerxía eléctrica cunha demora superior a un ano, e interromper a subministración no caso de que non sexan atendidas ou inscribir aos clientes que non as abonen en calquera rexistro de solvencia patrimonial, mentres dure o proceso", establece o xuíz na súa sentenza.

O Ministerio Fiscal reclamou, a través dunha demanda colectiva, que se prohiba á empresa que faga refacturacións de máis dun ano e pediu que, en caso de falta de pagamento destas facturas complementarias, non se poida proceder a un corte de subministración nin á posible inclusión dos clientes nunha lista de morosos.

O xuíz estimou integramente as pretensións da Fiscalía para "asegurar a efectividade da tutela xudicial que puidese outorgar na sentenza estimatoria que se ditase". "É máis que evidente que, nas presentes actuacións, existe un evidente perigo o cal é que, durante a tramitación deste procedemento, se sigan sostendo no tempo este tipo de actuacións", recolle o auto.

Antes do xuízo o pasado luns 4 de abril, celebrouse unha vista de medidas cautelares que derivou nun auto datado o pasado 29 de marzo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta