Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/04/2016 | Actualizada ás 16:00
O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, relacionou de xeito directo a petición dunha comisión de investigación no Parlamento galego por parte de AGE para que a Xunta informe dos dez millóns que lle deu á Fundación de Estudio y Análisis (FESAN) coas informacións publicadas polo ABC e que relacionan, novamente, a Podemos co Goberno de Venezuela.
“É difícil de crer que se pida información sobre isto cando xusto se coñece o financiamento irregular do Goberno bolivariano a Podemos”, dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta vinculando, claramente, os dous feitos.
En todo caso, amosou a súa disposición e a da Xunta a informar sobre os cursos da FESAN financiados e lembrou que tamén o goberno bipartito financiou boa parte desa formación. “O goberno ten que dar información cando se solicite e actuaremos sempre con legalidade”, suliñou.
Pero Feijóo tamén aproveitou para criticar duramente a Podemos por ter recibido, supostamente e segundo publica o ABC, diñeiro do Goberno de Venezuela a través doutra fundación. Unha información que este xoves criticaba duramente o director de El Español e ex director de El Mundo, Pedro J. Ramírez, e que vinculaba directamente ao Ministerio do Interior do Goberno español.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.