Temas: SOLIDARIEDADE

Fútbol para chamar a atención sobre os prexuízos contra o pobo xitano

Membros do colectivo xitano alertan sobre a súa imaxe estereotipada que sobre eles hai nos medios de comunicación.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 08/04/2016 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

Membros da Corporación Municipal de Lugo asistiron este venres, no campo de fútbol Luis López Gorgoso, á lectura dun manifesto e á solta de globos simbólica para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano

A Fundación Secretariado Gitano de Lugo e a Asociación de Promoción e Integración Gitana de Lugo commemoraron este venres o Día Internacional do Pobo Xitano no campo de fútbol Luis López Gorgoso.

Un membro da Fundación Secretariado Xitano durante un acto do Día do Pobo Xitano
Un membro da Fundación Secretariado Xitano durante un acto do Día do Pobo Xitano | Fonte: Concello de Lugo

Alí, e coa presenza de me embros da Corporación Municipal, leron un manifesto e xogaron un partido de fútbol para alertar sobre a imaxe estereotipada que algúns medios trasladan deles. Así, Antonio Cortiñas Montoya, membro da Fundación Secretariado Gitano, leu o manifesto que baixo o lema 'Por un trato digno ao pobo xitano nos medios de comunicación', criticou algúns programas de televisión no que se “caricaturiza” aos xitanos co “conseguinte dano para a imaxe social do pobo xitano”.

Tras a lectura, os asistentes fixeron unha solta de globos simbólica coas cores da bandeira xitana, coa que se deu inicio a un partido de fútbol amistoso.

Temas: SOLIDARIEDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 marea kalorra

Pobrinhos, os ciganos, sempre tan discriminados,