Por Galicia Confidencial | Catoira | 11/04/2016 | Actualizada ás 09:00
As obras de tendido telefónico da empresa Vodafone danaron o entorno da fervenza de Fridauga, no monte Xiabre, entre Catoira e Caldas de Reis. Así o denuncia Anova-Umia que destaca que estas actuacións non dispoñen da pertinente autorización.
A liña discorre por monte veciñal de tres comunidades, a de Saiar e Bemil en Caldas de Reis e a de Abalo en Catoira. O proxecto, que inicialmente tiña prevista tramos soterrados ou liña con postes de madeira, modificouse en gran medida e provocou un maior impacto coa colocación de postes de cemento, precisamente, e segundo denuncia esta formación, a instancia dalgunha Xunta de Montes.
O proxecto, de canalización e tendido de cable para enlace Fibra óptica dende a utopista AP-9 ata o monte Xiabre de Vodafone, non conta con autorización que lle correponde outorgar o Ministerio de Industria nin a solicitude da mesma, segundo confirmou o Servizo Provincial de Inspección de Telecomunicacions.
Ademais, e a vista do expediente, constatouse que as obra da liña en execución non contan coa preceptiva autorización de Medio Rural. Por iso, esta formación puxo esta situación no seu coñecemento e lembran que non é a primeira vez que se producen danos neste entorno natural, tal e como aconteceu cun cortalumes, nos anos 2005 e 2015.
Por outra banda, o Valedor do Pobo admitiu a trámite a queixa en relación coa ocupacion de cauce do rio e os danos causados a fervenza e pediu información ás administracións competentes.
"Dende ANOVA lamentamos que sexan precisamente alguns xestores do monte veciñal os que non sexan capaces de respetar e compatibilizar os usos do monte coa preservación dos espacios singulares que polo seu valor patrimonial ou medioambiental son tamén un recurso económico permanente e de futuro, orgullo para os veciños da zona, que contribuen a dinamizar a economía con un turismo ecoloxico que repercute e beneficia outros sectrores económicos da zona", suliña nun comunicado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.