Pedro Sánchez insiste en que o candidato do PSdeG non será nomeado a dedo

Evita falar de opcións para substituír a José Ramón Besteiro, entre elas, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 13/04/2016 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, evitou pronunciarse sobre os posibles substitutos de José Ramón Besteiro para ser o vindeiro secretario xeral do PSdeG candidatos á Xunta e garantiu que o candidato socialista á presidencia da Xunta será elixido en primarias polos militantes do PSdeG.

Pedro Sánchez, secretario xeral do PSOE, nun acto previo a súa elección
Pedro Sánchez, secretario xeral do PSOE, nun acto previo a súa elección

Nunha entrevista en Telecinco, Sánchez referiuse á recente dimisión de Besteiro como secretario xeral dos socialistas galegos, tras ser investigado por dez delitos en dúas causas xudiciais. "Respondemos adecuadamente ao caso", dixo, aínda que non quixo opinar sobre a factura electoral que pode pasar aos socialistas ese asunto.

Preguntado por se ten pensado algún candidato para suceder a Besteiro e polas opcións de Carmela Silva, o líder do PSOE evitou pronunciarse: "Serán as primarias e, por tanto, o candidato que elixan os militantes", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

semella que a selección do candidato/a xa a está facendo Abel Caballero / presidente da FEMP, Presidente da Zona Franca, e supoño que Presidente-Consorte da Deputación de Pontevedra ... todo menos Alcalde de Vigo (iso deixao para que o fagan os demáis!)

1 Gamela

claro que Abel é o político menos demócrata que coñecemos ( a pesares da súa maioría absolutísima ) http://www.noticiasvigo.es/bng-vigo... Tamén deberamos preguntarlle ao BNG por que pasaron dúas lexislaturas comendo da man de Caín... ? E precisamente se desapareceron do Concello será porque a Cidadanía xa non perdona aos PESEBRISTAS na Política (agora seica chámanse Marea de Vigo) ???