O Xurés, un modelo europeo de renaturalización de terras abandonadas que favorece a biodiversidade

Un estudo do Centro Tecnolóxico Forestal de Cataluña e da Universidade de Santiago de Compostela toma o Parque Natural galego como espazo representativo das terras de montaña do sur de Europa nas que a redución do control humano sobre a paisaxe ten efectos positivos sobre a biodiversidade.

Por Alberto Quian | Madrid | 15/04/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Un estudo no que participaron investigadores do Centro Tecnolóxico Forestal de Cataluña e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) indica que a evolución natural das terras abandonadas é beneficiosa para a biodiversidade de aves, aínda que tamén establece recomendacións sobre a xestión do lume para manter os espazos abertos e mitigar os posibles efectos negativos desta estratexia.

Parque Natural da Serra do Xurés
Parque Natural da Serra do Xurés | Fonte: Adrián Regos.

O estudo, titulado 'Rural abandoned landscapes and bird assemblages: winners and losers in the rewilding of a marginal mountain area (NW Spain)', toma como modelo o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurésda Serra do Xurés, onde se realizou a investigación, tomando esta área como "representativa das paisaxes de montaña abandonadas do sur de Europa", indican os autores. 

A renaturalización, coñecida en inglés como o rewilding, aposta por deixar que as terras despoboadas evolucionen de maneira natural, reducindo o control humano sobre a paisaxe. Tal e como demostra este estudo, recentemente publicado na revista científica Regional Environmental Change, esta opción ten efectos positivos sobre la biodiversidade de aves. Así, os científicos constataron que no Parque Natural da Serra do Xurés aumentou a presenza de ata trece especies, entre elas a rula ou a papuxa do mato, en estado de conservación desfavorable segundo a Unión Europea. Sen embargo, se se quere renaturalizar un espazo abandonado os investigadores recomendan tamén o uso e a xestión do lume para crear espazos abertos que eviten os riscos asociados.

A investigación, liderada polo galego Adrián Regos, do Centro Tecnolóxico Forestal de Cataluña (CTFC),e na que colaboraron investigadores da USC, do CREAF, da Universidade Autónoma de Barcelona e do CSIC, xira en torno as ganancias e perdas na conservación de aves derivadas do proceso de abandono das terras, como o que está a ocorrer en moitas das paisaxes de montaña do noroeste de España.

O estudo analizou a partir de datos do satélite Landsat os cambios nos usos e cubertas do solo que tiveron lugar entre 2000 e 2010 no Parque Natural da Serra do Xurés. Os investigadores contrastaron estes cambios coas variacións nas comunidades de aves. "Algunhas especies forestais, como o picafollas ibérico, aumentaron considerablemente a súa presencia na zona, en contraste coa súa tendencia nacional a diminuír dos últimos 10 años", destaca Regos.

Zona Especial de Protección de Aves (ZEPA) en Muiños, na Baixa Limia - Serra do Xurés
Zona Especial de Protección de Aves (ZEPA) en Muiños, na Baixa Limia - Serra do Xurés | Fonte: Xunta.

Xestión enfocada á creación de espazos abertos e a redución de incendios forestais

O abandono das terras de cultivo é un fenómeno frecuente nas áreas do sur de Europa, onde a estrutura social que xira en torno ás comunidades agropastorais foi erosionada e a agricultura extensiva deixou de ser viable. Por este motivo, ata o momento as políticas de conservación europeas dirixiron numerosos recursos a prever o éxodo rural e manter estas paisaxes tradicionais e culturais. Sen embargo, estas políticas implican uns costes de mantemento moi elevados, e non están sendo eficaces a hora de evitar o despoboamento rural, segundo advirten os investigadores.

En todo caso, os científicos recoñecen que plantexar a renaturalización como política de xestión alternativa pode traer consecuencias que non están exentas de debate: non só para a conservación da biodiversidade, senón tamén para os posibles efectos sobre os servicios ecosistémicos, aqueles beneficios que obtemos gracias ós recursos naturais, tales como a redución del risco de incendios, o ocio ou a captación do CO2.

Por unha parte, cando se abandona un espazo rural os bosques aumentan a súa extensión e homoxeneizan a paisaxe. Este feito incrementa o combustible forestal, aumentando o risco de incendios. Por outra parte, se a vexetación se fai máis densa, as aves que prefiren os espazos abertos desaparecen da contorna. Neste caso, os investigadores observaron como diminuían, por exemplo, as poboacións de picanzo vermello ou de escribenta riscada.

Por este motivo, aínda que a renaturalización tivo efectos moi positivos para a biodiversidade de aves no parque natural, os autores do artigo recomendan medidas de xestión enfocadas a creación e o mantemento dos espazos abertos.

"Mediante a xestión do fogo, xa sexa modulando a extinción de incendios de baixa intensidade, como con queimas prescritas, podemos favorecer a creación dun mosaico na paisaxe que favoreza as especies asociadas a hábitats abertos, ó mesmo tempo que diminúe a carga de combustible forestal e consigo o risco de grandes incendios forestais", explica Regos.

Por outra banda, os investigadores recomendan "aproveitar esta tendencia para favorecer a expansión de especies protexidas como os carballos, e aplicar unha xestión sostible dos recursos forestais que poida reducir o risco de incendios e favorecer o mantemento da poboación rural en áreas de montaña” conclúe Adrián Regos.

-------------------------------------------------

Regos, A., Domínguez, J., Gil-Tena, A., Brotons, L., Ninyerola, M., Pons, X., 2014. Rural abandoned landscapes and bird assemblages: winners and losers in the rewilding of a marginal mountain area (NW Spain). Regional Environmental Change. 16: 199-211.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta