Temas: TURISMO CRUCEIRO

O turismo de cruceiros, alternativa económica para Galicia e norte de Portugal

Presentada unha candidatura conxunta aos fondos europeos para pontenciar unha ruta de cruceiros costeiros na eurorexión.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 02/05/2016 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

Vigo e Porto son as cidades que máis cruceiros recibiron do Eixo Atlántico o pasado ano. De feito, este tipo de modalidade turística experimentou un crecemento nos últimos anos que está beneficiando ás economías locais de diversos concellos.

O Cruceiro Le Boreal pasou pola Coruña
O Cruceiro Le Boreal pasou pola Coruña | Fonte: Aquiles Garea

Por iso, a Comunidade Intermunicipal (CIM) do Alto Miño e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galiza-Norte de Portugal (GNP AECT) presentaron unha candidatura aos fondos comunitarios para a creación dunha ruta de cruceiros costeiros para desenvolver o turismo náutico da eurorrexión.

Esta candidatura, presentada ao POCTEP (Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal), deberá ser coñecido ao final deste ano.

O alcalde de Viana do Castelo e líder da CIM recoñeceu que en Galicia están mellor posicionados que no norte de Portugal, sobre todo, en Vigo e na Coruña. Do lado portugués, destaca a terminal de cruceiros de Leixões, preto do Porto, e Viana do Castelo, que recibe puntualmente navíos cruceiro de menores dimensións.

Porto moveu o pasado ano máis de 80.000 cruceiristas, con incrementos superiores ao 30%, moi por riba do 10% de crecemento de Lisboa, que segue sendo o principal destinatario de turistas de cruceiro en Portugal.

No caso galego, Vigo toma vantaxe. O pasado ano tivo incrementos do 50%. Ningunha outra terminal española creceu tanto, nin en barcos nin en pasaxeiros. O seu obxectivo é acadar os 253.637 visitantes do 2011. En Galicia, Vigo é o porto que máis aumenta o seu número de pasaxeiros e de buques. A Coruña tivo crecementos o pasado ano superiores ao 5%. Tamén aumentaron os cruceiristas en Vilgarcía de Arousa.

Con todo, a franxa atlántica galego-portuguesa está moi lonxe das cifras de turistas que reciben os portos do sur de España e do Mediterráneo.

Temas: TURISMO CRUCEIRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta