Temas: VACA

Máis de 16.000 persoas piden que non se sacrifiquen 20 vacas en Chantada

Estas foron as sinaturas acadas nunha petición que leva pouco máis de 12 horas en change.org e que reclama que as reses atopadas en mal estado nunha explotación non sexan sacrificadas.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 22/04/2016 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

Unha campaña na rede formulada polo Santuario Gaia, un refuxio para aniomais de granxa, acadou xa máis de 16.000 sinaturas na rede para evitar que as 20 vacas que foron atopadas nunha explotación semiabandonada de Chantada non sexan sacrificadas. O seu obxectivo é chegar aos 25.000 apoios.

Vacas mortas atopadas nunha explotación de Chantada
Vacas mortas atopadas nunha explotación de Chantada | Fonte: change.org

Nesta mesma explotación, o Seprona e os técnicos da Xunta atoparon os cadáveres e restos óseos doutras corenta reses, como consecuencia da falta de atención por parte do seu propietario, unha circunstancia que xa está a ser investigada polo xulgado.

A mobilización para salvar do sacrificio ás vacas que foron atopadas con vida, aínda que moitas nun estado esfameado e con feridas no corpo, tamén implicou "a varios santuarios de animais", como o Santuario Wings of Herat, O Fogar ProVegan ou Mino Valley Farm Sanctuary, segundo informou a plataforma Change.org, onde o Santuario Gaia formulou a súa petición.

Varios voluntarios desa organización desprazáronse este venres a diversos matadoiros da provincia para evitar que os animais sexan sacrificados.

Temas: VACA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Salvar las vacas de chantada

Paletismo en estado puro, que vergüenza que sigan existiendo este tipo de sucesosen el 2016, ojalá se hubieran salvado. La Galicia profunda y su cara más inhumana, y la xunta tan incompetente como siempre.

2 Joám

Nom sei quem estará máis trastornado: o dono das vacas ou estes frikis

1 Basta de Paletos

los más transtornados? los paletos como este tío, que tiene varias denuncias y se enfrentará a prisión, encima en vez de salvar a las vacas las mata. Menuda gentuza

1 Xan

Que as leven para a sua casa

1 Hermerico

Isso tentárom, mas o dono se negou. Insistiu em matá-las dumha maneira ou doutra