Lidia Senra acusa ás grandes empresas enerxéticas do deterioro do medio ambiente

Varios expertos no ámbito enerxético sinalan a necesidade urxente de mudar o actual modelo e critican que, a pesar dos seus recursos naturais, Galicia sexa "un dependente de enerxía".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/04/2016 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) ,alertou este sábado de que un dos obxectivos do actual mandato do Parlamento Europeo é o Mercado Único da Enerxía. "O interese do neoliberalismo é seguir avanzando cara a políticas que permitan beneficiar ás grandes empresas do sector enerxético, sen preocuparse nin do despilfarro nin do impacto negativo que o actual modelo enerxético ten no conxunto da cidadanía e no medio ambiente”, indicou.

Lidia Senra nas Xornadas realizadas por AGE en Europa sobre a situación enerxética de Galicia
Lidia Senra nas Xornadas realizadas por AGE en Europa sobre a situación enerxética de Galicia

Senra foi a encargada de abrir na Estrada a xornada 'Presente e futuro enerxético da Galiza no Contexto Europeo', un evento organizado polo propio GUE/NGL e AGEe e que durante toda a xornada reúniu no Teatro Principal da Estrada a diferentes persoas técnicas expertas en enerxía, así como a representantes das diferentes cooperativas alternativas enerxéticas que hai a día de hoxe no Estado español.

Durante a súa intervención, a eurodeputada explicou que o obxectivo desta xornada é "abrir un debate que permita elaborar propostas e seguir avanzando en presentar iniciativas nos Parlamentos europeo, estatal e galego para continuar a loita social cara á transición enerxética e un novo modelo máis sostible".

Nas xornadas estiveron presentes tamén a deputada de En Marea no Parlamento do Estado español, Alexandra Fernández, e os deputados de AGE no Parlamento galego, Antón Sánchez e Juan Manuel Fajardo, ademais da voceira do Movemento Veciñal Estradense, Mar Blanco.

A deputada estatal Alexandra Fernández, que foi a encargada de presentar a primeira mesa da xornada, fixo fincapé na cada vez maior brecha entre os continuamente en aumento índices de consumo enerxéticos e a capacidade limitada dos recursos do planeta. Fronte a isto, “hai alternativas viables ou imos seguir como meros espectadores? Que medidas e alternativas reais se poden tomar para acabar coa pobreza enerxética en moitos fogares nun marco global e para facerlle fronte á cultura do petróleo?”, preguntouse. Para respostar a algunha destas preguntas estivo na mesa Xoán Doldán, profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e vicepresidente de Véspera de Nada, e Miguel Pardellas, investigador da USC e membro de Verdegaia.

Doldán critiou certos mitos actuais, no sentido de que, asegurou, “Galiza non é unha potencia enerxética”, fronte ao que se fai crer desde certos ámbitos. “Non nos sobra enerxía, de feito, somos un país dependente enerxeticamente, pero iso á vez non nos impide que exportemos enerxía, parece un paradoxo, pero non o é, e ten que ver co actual sistema”, defendeu. Xoán Doldán explicou que os recursos enerxéticos de Galiza só cubren un terzo do consumo interno. Os dous terzos restantes cóbrense a base de importacións, non con recursos propios, para aquí facer o proceso de transformación. “Galiza exporta enerxía grazas ás importacións previas de recursos, da materia prima, de carbón, de gas, etc”. E nese círculo, un 31% de toda a enerxía que transformamos con recursos propios e importados vai destinada á exportación posterior.

Neste contexto, Doldán alertou de que é “urxente” cambiar o modelo enerxético e iso debe vir impulsado por unha transformación profunda das relacións sociais e económicas. Pola súa banda, Miguel Pardellas definiu como “esgotado e depredador” o actual modelo enerxético. “Temos impactos ambientais e sociais brutais. A pobreza enerxética converteuse en algo que é unha emerxencia social. O modelo de consumo exponencial que temos sigue ano tras ano a pesar da crise económica, estamos nunha carreira cara a non se sabe onde”, alertou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 WALDO DAS JONS

expaña nos rouba os galegos a enerxia electrica e a podreira lidia siriza "alias a bruxa pocimas" afundidora do SLG, colabora cos ladrons cos expañois... anda que conferencia e que mentrias masi grandes dixeches sobre Galiza, que do 100 por cen producido 25 vai a alumina aluminio e o outro 50 por cen a iluminar gratis as ruas de madriles e as grandes empresas de madriles gratis e os galegos, as familias e as empresas galegas que nos den... AQUI ESTA A AUTENTICA VERDADE O AGE-VIEIRO-TERRORISTA-EXPAÑOLENTO E UN SUBMARINO DE PODREIROS

1 Ñam

Iluminar gratis Madrid? Ti toleas. Deixa as drojas

4 Comunista

Bloqueiros a ladrar. Nada novo.

3 Enxeñoso deputado

Pois que os despida improcedentemente ou mellor aínda que os sometan a unha lectura do Cervantes

2 Expañolistas en bicicleta.

Caralho! agora vai ser que ENCE é boa para os pulmóns. O perigo dos tratados de libre comercio non existe (non vai ser que se amole algún mecenas) é somos tan contaminantes e deficitarios en enerxia coma Madrid

1 Esquerda fundida

Os argumentos desta xente non poden ser máis ignorantes. O problema da enerxía de Galicia é o mesmo que o do resto de España. Somos deficitarios en enerxía primaria. Doutra banda algún zoquete cre que hai algunha singularidade en que a área de Madrid non produza a enerxía que consome. Coma se Paris, o Gran Lóndres, Roma ou Moscova producisen enerxía no seu interior...Por certo, a Madrid vanse cada ano moitos mozos galegos a traballar porque o PPSOE-BNG fan todo o posible para que aquí só haxa traballo para os enchufados

1 Mozo

Ou es vello ou estás enchufado ou fuches a Lóndres.