Operación limpeza no cabo Touriñán

Un grupo de voluntarios de Mar de Fábula xuntou 32 sacos de lixo deste entorno natural nunha xornada de limpeza que tivo lugar a fin de semana.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/04/2016 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

Galicia pode presumir de ter xente que a coida e a mima, que quere que se manteña fermosa e limpa. E entre esa xente están os voluntarios de Mar de Fábula que decidiron pasar o sábado limpando o entorno do cabo Touriñán.

Unha voluntario de Mar de Fábula amosa orgullosa o lixo recollido en Touriñán
Unha voluntario de Mar de Fábula amosa orgullosa o lixo recollido en Touriñán | Fonte: QPC

Alí, no Coído de Touriñan, xuntaron ata 32 sacos grandes cheos de plásticos máis unha morea a granel: estachas, bidóns, caixas rotas, redes desfeitas, nasas de polbo, anacos grandes de boias, plásticos e plásticos de toda caste. Eran un grupo de 18 adultos e dous nenos pequenos que estiveron traballando durante 2 horas recolleron o lixo plástico espallado por toda a enseada, pola boleira, polo monte arriba entre as queirogas e os toxos e pola xunqueira.

Era a terceira vez que estes voluntarios tiñan que cambiar a cita por motivos climatolóxicos, pero este sábado, a pesar de que amenceu chuvioso, deulles unha tregua coa que puideron realizar o seu cometido.

Cinco dos participantes, no seu regreso a casa, fixeron un alto no coído de Moreira, cara aos ventos do norte, e xuntaron unha chea máis de lixo cargando un big-bag que atoparon enriba dos bolos. O todo terreo do concello de Muxía co seu remolque e a súa xente participativa, fixeron escala nos dous coídos e levaron todo o lixo para a súa clasificación no punto limpo.

”Foi unha xornada boa, espléndida, coa sensación gratificante e compartida de terlle botado unha man ao mar, á nosa paisaxe, á nosa natureza”, recoñecron dende a entidade.

Voluntarios de Mar de Fábula que participaron na limpeza do cabo Touriñan
Voluntarios de Mar de Fábula que participaron na limpeza do cabo Touriñan | Fonte: QPC

Coa colaboración do medio colaborador Quepasanacosta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta