Temas: EE.UU.

A alma galega chegou aos EUA

A gaita de Bieito Romero pechou na Universidade de Michigan unha intensa semana na que se falou da cultura, da lingua, e da sociedade galega dentro do II North American Symposium of Galician Studies. Cristina Moreiras-Menor, catedrática de Estudos Ibéricos nesta universidade fai unha valoración deste congreso.

Por Galicia Confidencial | Michigan | 27/04/2016 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

O congreso facilitou un dialogo multilateral e transversal entre estes académicos e algúns dos artistas e intelectuais públicos galegos contemporáneos máis suxestivos que, en xeral, desenvolven o seu labor artístico en Galicia. 

O gaiteiro Bieito Romero en plena actuación na Universidade de Michigan
O gaiteiro Bieito Romero en plena actuación na Universidade de Michigan

Foi unha semana intensa de conversacións sobre Galicia e a súa cultura. Foi unha semana plena de magníficas conferencias sobre os traballos dos nosos artistas, os nosos intelectuais, os nosos cineastas, músicos, escritores, xornalistas.  Ao redor de 45 investigadores da cultura galega que realizan o seu traballo nas universidades de Norte América (tanto como as da propia Galicia e países como Polonia e Nova Zelandia, representados tamén no congreso) e 11 artistas reuníronse esta semana na Universidade de Michigan, Ann Arbor (o estado dos grandes lagos e da fermosa e conflitiva cidade de Detroit),  onde durante 4 días someteron a escrutinio e debate, desde múltiples achegamentos interdisciplinarios e reflexións tanto teóricas como analíticas, a literatura, a música, o cinema, a fotografía, así como o mundo dos medios de comunicación e da produción cinematográfica. 

Interesaba, e conseguiuse, presentar desde diversas interseccións xeográficas, e sempre desde traballos que recuperasen, revitalizasen e desen visibilidade tanto á tradición cultural galega como á produción máis recente; interesaba, igualmente, que iso se fixera desde un compromiso político, estético e teórico ao estudo da cultura.  O congreso facilitou un dialogo multilateral e transversal entre estes académicos e algúns dos artistas e intelectuais públicos galegos contemporáneos máis suxestivos que, en xeral, desenvolven o seu labor artístico en Galicia.  Directores de cinema (Lois Patiño e Eloy Enciso Cachafeiro),  escritores (Pemón Bouzas, Suso de Toro, Miguel Anxo Murado  e María Reimóndez), un produtor de cinema (Felipe Lage Couro), un xornalista (Xosé Manuel Pereiro), un fotógrafo (Manuel Sendón)  e un músico (Bieito Romero) participaron en conversacións sobre o seu propio quefacer artístico e profesional tanto como do estado do artista galego e os desafíos aos que se enfrontan cotidianamente no seu labor.

Aínda que o congreso se caracterizou pola vitalidade das súas discusións e a elocuencia das exposicións dos investigadores, o máis destacable foi a absoluta xenerosidade dos invitados especiais (o once artistas e profesionais dos medios) nas súas interaccións e na súa presenza comprometida ao longo de todo o congreso con académicos de todo tipo e especialmente lingüistas, críticos literarios e críticos de cinema, En definitiva, críticos da cultura en xeral.

A Universidade de Michigan, unha das grandes universidades estatais e públicas do sistema universitario norteamericano , e que acolle ao redor de 50,000 estudantes  con acceso a unha formación académica de primeiro nivel, interdisciplinaria, diversa e internacionalista, sentiu enormemente orgullosa de ter no seu campus a un grupo insigne de académicos e artistas que debateron temas, entre algúns outros, temas relacionados coas políticas lingüísticas do país; coa identidade galega tal e como se representa na súa cultura;  coa relación entre identidade, tradición e modernidade; coa creación cultural e a  transformación social; coa lusofonía e a identidade; coa memoria cultural, política e social do país; co seu lugar dentro da formación dos estudos ibéricos; en fin, falar do seu cinema, a súa literatura, a súa música e da situación, tantas veces precaria, dos seus autores, que viven de forma esquizofrénica entre os seus momentos creativos e os seus momentos de relación coas institucións e a administración.   Os nosos invitados de honra (os arriba mencionados) participaron en sesións  especiais, onde falaron especificamente sobre o seu labor profesional e artístico e a súa relación tanto coa contorna galega como fóra das súas fronteiras, e en mesas redondas onde debateron entre eles e co público sobre temas de orde xeral.

Participantes no II Simposio de Estudos Galegos  nos EE.UU.
Participantes no II Simposio de Estudos Galegos nos EE.UU.

Os organizadores do simposio, Cristina Moreiras Menor, Benita Sampedro e Gabriel Rei-Doval, sentíronse enormemente orgullosos da cultura galega nestes días de intensa exposición a un público académico norteamericano.  Pechamos o simposio coa gaita de Bieito Romero,  que soou no campus da Universidade de Michigan en todo o seu esplendor, espectáculo ao que puideron acceder tanto os congresistas como os estudantes e profesores da Universidade de Michigan.

Cristina Moreiras-Menor durante a súa intervención no congreso de estudos galegos na Universidade de Michigan
Cristina Moreiras-Menor durante a súa intervención no congreso de estudos galegos na Universidade de Michigan
Temas: EE.UU.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Antinostrus

E quen pagou todo isto.??......o Pu te rio Madrileño non creo por que non foi o Cipaiomononeuronal do Nostrus....debeu ser a Xunta por que vezo por aí ao dandy do Valentín e ao exseminarista do Bouzas......

3 Abraiado

Para isto si que lles serven os EEUU, agora si...Cantantes, carallo...Non sei como as autoridades desa grande nación lles deron o permiso de entrada.

2 ixtlan

Hai galegos/as que defenden a nosa lingua, en galego, en castelán e en inglés, e hai ata casteláns moi galeguistas. Mais tamén hai galegos/as que sabotean o noso idioma, for en galego for en castelán.

1 Lincoln

Esa C. M. non fala xamais galego, subiuse ao carro dos Estudos Galegos na busca de espazos libres. Oportunistas do mundo, unidevos.

1 nostrus

Cada un fala o que lle peta. Para dar unha conferencia de relixion non é preciso ser crente e estar casado pola igrexa, abonda con saber bastante da materia.