A Xunta acusa o Goberno de facer "boicot" contra os intereses dos galegos en relación coa AP-9

O PSdeG lamenta que a Xunta "negue" aos usuarios da AG-55 e da AG-57 "as bonificacións do 75%" das autoestradas estatais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2025 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, acusou ao Goberno de facer "boicot" ás propostas aprobadas por unanimidade no Parlamento de Galicia relacionadas coa autoestrada AP-9. Nunha resposta no Parlamento a unha pregunta do socialista Carlos López Font sobre os prazos previstos pola Xunta para iniciar as accións necesarias para lograr a eliminación das peaxes nas autoestradas de titularidade autonómica -- AG-55 e AG-57--, a responsable do Goberno galego defendeu que a Xunta ten "as autovías autonómicas coas peaxes máis baixas de toda España".

En concreto, apuntou que o custo medio por quilómetro dun usuario que circula polas autovías galegas é un 6,5 % inferior que pola AP-9 aplicando as bonificacións e un 11,6 % menos que o que usa a AP-53. Para o deputado do PSdeG, con esta resposta a conselleira "nega" aos usuarios da AG-55 e AG-57 "as bonificacións do 75 % que se aplican na AP-9. "Teñen que aplicar xa as mesmas bonificacións e teñen que comprometerse a chegar á gratuidade das dúas autovías, senón están a discriminar a unha parte dos galegos", reprochou López Font, que acusou á Xunta de "falta compromiso". A continuación, Martínez Allegue instou ao Goberno a "pagar as súas débedas" e a "empezar a traballar para reducir o pago á concesionaria" porque, asegurou, "as subidas son desproporcionadas".

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, nunha intervención no pleno do Parlamento de Galicia
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, nunha intervención no pleno do Parlamento de Galicia | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta