Temas: DVICIO

Novos obradoiros de cociña en Vigo

«Bocados deliciosos» é a proposta para adultos e «Cocina & Family» para un público infantil e xuvenil. As inscricións pódense realizar a través de Ataquilla.com

Por GC Tendencias | | 05/05/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Afundación presenta a súa nova proposta de cursos de cociña para o mes de maio na sede da entidade de Vigo (Policarpo Sanz, 26). «Bocados deliciosos», dirixido a público adulto, terá lugar os xoves 5, 12, 19 e 26 de maio en horario de 20.00 a 22.00 h. Ademais, durante o mesmo mes, tamén se impartirá o curso «Cocina & Family», deseñado para nenas e nenos con idades entre os 7 e os 14 anos, os sábados 7, 14, 21 e 28 de 11.00 a 13.00 h. As inscricións pódense realizar a través de www.ataquilla.com.

Nenas cociñando
Nenas cociñando | Fonte: Afundacion

«Bocados deliciosos», impartido por Monse Alonso, pretende achegar os participantes ao mundo da cociña da man de diferentes receitas e creativas tapas para petiscos de gourmet. Así, durante o curso, estruturado en catro clases de dúas horas cada unha, prepararanse queixo fritido en camisa con salsa de froitos vermellos, tortas de gulas e lagostinos sobre pan de molde ou minicroissants de polo Alfredo, entre outros. 

Por último, o obradoiro «Cocina & Family», tamén impartido por Monse Alonso, estará estruturado en catro clases de dúas horas cada unha nas que se elaborarán berenxenas en bocadillo, pasteis de amorodo, pastel de carne, biscoito de laranxa, espaguetes de mar ou brownies de chocolate, entre moitos outros. Para este curso requírese o acompañamento dunha persoa adulta titora, xa que un dos obxectivos do obradoiro é o fomento da cociña familiar, animando tanto ás nenas e nenos como aos maiores para estimular a curiosidade natural, mediante un método didáctico e divertido. 

Os programas de alimentación saudable deseñados pola entidade inclúen un total de 24 obradoiros nos que se ofrecen 287 prazas que se programarán en toda a comunidade ao longo do curso 2015-2016.

Temas: DVICIO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta