Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/04/2025 | Actualizada ás 17:34
Un home de 37 anos, veciño do municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa, faleceu o venres tras sufrir unha caída da súa moto na localidade gaditana de Chiclana. O suceso, segundo informou o Servizo de Emerxencias 112 Andalucía, produciuse o pasado venres sobre as 21.30 horas na zona coñecido como Camiño do Sarmiento. Así mesmo, o 112 sinalou que a vítima perdeu a vida 'in situ' tras sufrir a caída desde o vehículo no que circulaba. A vítima atopábase en Andalucía con motivo do Gran Premio de Xeréz. Neste sentido, na cidade Xeréz e arredores producíronse diversas incidencias de tráfico de carácter leve.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.