Aumentan desde maio as axudas a familias acolledoras: 900 euros anuais máis para nenos entre 3 e 18 anos

Galicia é a segunda comunidade co cociente de acollemento familiar máis alta no sistema de protección.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 30/04/2025 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou este mércores na xornada 'Infancia Protexida, Futuro en Familia', organizada por Acougo en Vigo, e onde puxo en valor a aposta da Xunta polo acollemento familiar, cun incremento en maio das axudas. Na súa intervención, Jacobo Rey destacou que o goberno galego fomenta con éxito o acollemento familiar como forma prioritaria de protección de nenos e adolescentes. Así, Galicia é a segunda comunidade co cociente de acollemento familiar máis alta no sistema de protección.

Co fin de seguir mellorando os datos, a Xunta aumentará as axudas que reciben mensualmente as familias acolledoras, unha subida que será efectiva desde este xoves 1 de maio. Así, aumentarase en 900 euros anuais a achega a familias que acollen a nenos entre 3 e 18 anos, que pasarán a percibir 425 euros mensuais. Ademais, tamén se aumentarán en 35 euros as axudas que reciben as familias que acollen nenos entre 1 e 3 anos, que tamén contarán con 425 euros mensuais; e manteranse os 600 euros mensuais para familias que acollan bebés de menos dun ano.

Varios nenos á súa chegada ao colexio
Varios nenos á súa chegada ao colexio | Fonte: Jorge Gil - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta